TUI
Recepción no Concello as alumnas do IES Indalecio Pérez Tizón que participaron no Erasmus+
Estiveron dous meses e medio en Regio Calabria, Italia
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Educación, Mila González, recibiron esta mañá na casa do concello a Desiré Boquete e Ana Belén Piñeiro, alumnas do IES Indalecio Pérez Tizón, que estiveron dous meses e medio na rexión italiana de Regio, grazas o programa ERASMUS + de mobilidade de alumando e profesorado dentro dos países da UE que xestiona o SEPIE. A recepción esta mañá acudiu tamén o vicedirector do centro, Xosé Manuel Álvarez.
Este programa consiste en establecer convenios con empresas e institucións da UE para facilitar formación en centros de traballo do estranxeiro. No caso destas dúas alumnas, unha fixo as prácticas nunha coñecida marca de roupa e outra nunha firma de noivas.
Ambas valoraron de maneira moi positiva a experiencia, tanto a nivel persoal como profesional, e non descartan a posibilidade de volver a Italia a traballar.
Pola súa parte, Mila González, concelleira de Educación animou a outros alumnos a que participen neste programa os vindeiros anos, e Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, felicitou as dúas alumnas pola actitude positiva coa que afrontaron este reto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122