Domingo, 01 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 01 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

Mos contará cunha vivenda tutelada para persoas con discapacidade física

O luns, día 4 de febreiro, 5 persoas usuarias do centro de recursos que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten en Mos (Avenida do Rebullón, s/n Puxeiros) entrarán no centro coa maleta feita. Estas 5 persoas van ser, durante 2 meses e medio, as primeiras inquilinas dunha vivenda totalmente adaptada e que está situada ao carón das instalacións do centro de recursos que a Confederación ten en Mos.

 

Denominado Independízate, á inauguración do proxecto asistirán o vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, o director do centro de Mos, Celso Álvarez, quen van ser acompañados pola alcaldesa de Mos, Nadia Arévalo, a concelleira Benestar de Mos, Sara Cebreiro, e o director da oficina “la Caixa” de Mos, Ricardo Otero, entidade financeira que apoia este proxecto.

 

Co inicio do proxecto, COGAMI pretende mellorar a calidade de vida e, sobre todo a autonomía das persoas con discapacidade física. O obxectivo é adestrar a 15 persoas en habilidades para a vida autónoma, polo tanto, as persoas participantes terán a oportunidade de convivir nun espazo adaptado e terán a disposición persoal de apoio que lles acompañará no seu proceso de aprendizaxe e adestramento. A posta en funcionamento deste servizo será un recurso de vivenda tutelada para persoas con algún grao de dependencia e que precisen nun futuro deste tipo de servizo.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.