O Pleno de Salceda aproba o I Plan de Mobilidade Sustentable
O Pleno da Corporación do Concello de Salceda aprobou o I Plan de Mobilidade Sustentable cos votos a favor de Movemento Salceda e o PSOE e a abstención do PP. O PMUS redactouse co apoio da Deputación de Pontevedra, que fará unha aportación de 15.000 €, dos 19.965 € que custa o proxecto. Aínda que o documento podía ser aprobado directamente por Decreto de Alcaldía, o Equipo de Goberno considerou importante sometelo á votación do Pleno, para que fose un documento abalado pola totalidade da corporación municipal, co aliciente ademáis de ser o primeiro PMUS da provincia en aprobarse segundo os criterios de mobilidade sustentable da Deputación de Pontevedra.
O obxectivo fundamental do PMUS é o de establecer o libro de ruta que seguir nas vindeiras actuacións que se leven a cabo, na liña de seguir a recuperar a vila para as persoas. É importante, sobre todo, garantirlles aos nenos e nenas a súa autonomía para saír da casa, para ir xogar cos amigos e amigas e para ir a escola a pé e sós/soas; hai que garantirlles tamén ás persoas con diversidade funcional percorridos sen barreiras e con solucións de continuidade; á terceira idade, pasos de peóns e encrucilladas seguras... En definitiva, o PMUS busca asegurarlle a toda a cidadanía unha posibilidade real de movemento, de ir á escola, ao traballo e a divertirse por outros medios que non sexan o coche particular, e darlle prioridade a ir a pé ou en bicicleta, correspondéndose coa liña que humanizacións e recuperacións de espazos públicos que está a desenrolar o Goberno Municipal dende o ano 2007.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104