NIGRÁN
O Concello de Nigrán organiza un curso gratuíto de 'Soldadura TIG'
O prazo de inscrición pecha o 12 de febreiro. O curso, con 140 horas de teoría e 120 de prácticas en empresas, desenvolverase do 25 de febreiro ao 4 de maio polas mañás
O Concello de Nigrán organiza un curso gratuíto de “Soldadura TIG” dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas no municipio que posúan, como mínimo, o Graduado Escolar e/ou equivalente. Terá unha duración de 260 horas (140 teórico-prácticas en horario de mañá e 120 de prácticas en empresas) e ten previsto o seu inicio o 25 de febreiro, arrancando o prazo de inscrición dende este luns. Neste curso, o alumnado adquirirá os coñecementos teórico/prácticos do proceso de soldadura TIG. Dende os servizos técnicos do Concello se deseña esta acción formativa a tenor da alta porcentaxe de inserción que se acadou cos anteriores cursos de soldadura, o que confirma a demanda actual da industria neste eido e polo que se pretende adaptar a man de obra dos veciños desempregados ás posibles ofertas laborais. O Concello inviste 14.000 euros nesta acción formativa que non terá ningún custe para o alumnado, polo que supón unha inmellorable ocasión de ampliar o currículo e, con elo, a empregabilidade.
As persoas interesadas en participar deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal do 4 ao 12 de febreiro, cubrindo unha instancia e unha enquisa de selección que estará a súa disposición no Servizo de Información, no Centro Antena Municipal, no Departamento de Desenvolvemento Local de Nigrán e, sempre que sexa técnicamente posible, no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello, achegando a totalidade da documentación que se indica en dita solicitude. Aquelas persoas que posúan a acreditación dixital correspondente, tamén poderán inscribirse mediante a propia plataforma da Sede Electrónica municipal.
Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Desenvolvemento Local, no 986-365000 (extensión 7) e co Centro Antena no teléfono 986–366572 ou formular consultas a través dos correos electrónicos tle.nigran@nigran.org orlaboral@nigran.org e centroantena@nigran.org facendo constar sempre un teléfono de contacto para facilitar a comunicación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217