Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 07 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa pon en marcha o arranxo da Piscina Municipal cun orzamento de 114.000€

A alcaldesa, que dende este martes exerce tamén a Concellería de Deportes, estivo na piscina municipal para comprobar o avance das obras de mantemento e arranxo que están realizándose na mesma.


As devanditas obras consisten, dunha banda, na reparación de paneis de policarbonato do teito, a substitución de 7 placas e a unión do ‘Pavillón 1’ e a piscina. Ademais, vaise substituír os traveseiros de metal que forman parte da separación entre a zona do ‘Pavillón número 2’ e a piscina.


Estes traballos, “que levan proxectados xa tres meses e que era completamente necesario realizar”, sinala Eva García de la Torre, contan cun orzamento de 24.000€, procedentes dun remanente da Concellería de Servizos Socias, que foran parte do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que o organismo provincial autorizou a empregar no arranxo da piscina.


Substitución do climatizador
O vindeiros luns, día 11, empezará a tarefa de substitución do climatizador da piscina. “Hai dous anos unha inspección de Sanidade determinara que o seu funcionamento non era o axeitado”. Daquela, por mor dos orzamentos municipais prorrogados non fora posible levar a cabo o recambio.


Posteriormente, e aprobado o ‘procedemento de urxencia’ dende Intervención do Concello, licitouse o cambio do mesmo, “unha licitación que foi adxudicada hai un ano por 90.000€”, e que agora vai facer posible a substitución.


Este traballo, subliña a alcaldesa, vaise realizar seguindo unha planificación que “permitirá que as instalación sigan funcionando con total normalidade e sen que os usuarios sufran incomodidades ou vexan alterada súa actividade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.