PONTEAREAS
COGAMI inicia curso de acompañante de transporte adaptado en Ponteareas
Financiado pola Consellería de Política Social, son 12 as persoas con discapacidade que se están a formar
A aula Cemit de Ponteareas (Rúa Oriente nº 12) é o lugar onde se está a impartir un curso de Acompañante de transporte adaptado que vén de iniciar a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
Esta formación, que financia a Consellería de Política Social, consta de 130 horas lectivas que se imparten ata o día 18 de marzo, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: coñecemento da discapacidade, lexislación sobre transportes colectivos e funcións do acompañante no transporte, actuación do auxiliar no transporte de persoas con discapacidade, seguridade e prevención de riscos laborais no transporte colectivo.
O curso inicia con 12 persoas, 10 mulleres e 2 homes, con idades comprendidas entre os 25 e os 45 anos, que proceden dos concellos de Ponteareas, Salvaterra de Miño, Covelo e Vigo. O obxectivo xeral desta acción formativa é coñecer.
A maioría das persoas que forman parte do curso sempre traballaron nos sectores da limpeza, coidado das persoas, operarios de industria. A maioría delas teñen unha incapacidade permanente total para profesión habitual, polo que deben reciclarse e formarse para poder volver entrar no mercado laboral.
COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora 443 persoas inscritas na comarca de O Condado, 66 persoas na comarca de Paradanta e 3.641 na comarca de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163