Provincia
Un accidente na Ponte de Rande sáldase con tres persoas feridas
Unha colisión entre un turismo e unha furgoneta provoca retencións no tráfico na AP-9, ao paso pola Ponte de Rande en sentido norte.
Por mor do impacto, a persoa que conducía a furgoneta necesitou da axuda dos efectivos de rescate para poder saír do vehículo e ser atendida, xunto cos dous ocupantes do turismo, das lesións provocadas polo choque.
En total, foron tres os feridos nesta colisión da que informaron varios particulares ao 112 cando pasaba do mediodía de hoxe. Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, avisouse aos Bombeiros do Morrazo, efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, axentes da Garda Civil de Tráfico e membros do Centro de Xestión de Autoestradas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58