MUNDO EMPRESA
A produción industrial pecha 2018 cun incremento do 4,9% en Galicia
A Comunidade sitúase como a segunda na que máis medra o IPI tras Cantabria
Galicia pechou o ano pasado cun incremento da produción industrial do 4,9%, o que a sitúa como a segunda Comunidade na que máis medra este índice e ratifica o destacado papel deste sector na recuperación económica galega.
O crecemento do Índice de Produción Industrial (IPI) de Galicia en 2018 é o maior rexistrado nun ano desde 2007 e, ademais, a Comunidade encadea catro subas consecutivas desde 2015. Por sectores, destacan os incrementos na produción de enerxía eléctrica (11,1%), a fabricación doutro material de transporte (77,8%) e a industria da alimentación, que sobe un 3,7%.
Trátase do cuarto incremento anual consecutivo e da maior suba desde o ano 2007 grazas ao mellor comportamento en sectores como a enerxía eléctrica e a industria alimentaria
Esta tendencia no crecemento industrial completouse durante o ano pasado cun incremento das exportacións do 7,2% ata novembro de 2018; unha mellora do sector no mercado laboral xa que o paro industrial descendeu en máis dun 10% a peche de 2018 con respecto a decembro de 2017 mentres que as afiliacións subiron máis dun 14% (máis de 2 puntos por riba da media do Estado). Ademais, Galicia é a Comunidade na que máis se incrementaron os salarios neste sector (o 5%).
O Goberno galego está apoiando o incremento da produción industrial a través da Axenda Industria 4.0, que ten entre os seus obxectivos para o ano 2020 que o peso da industria creza no PIB galego; así como a través da Lei de implantación empresarial que busca facer de Galicia unha terra de oportunidades favorecendo os investimentos empresariais na Comunidade con medidas que ofrecen máis simplificación administrativa, máis incentivos e máis facilidades para o acceso ao solo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49