Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 10 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Publicadas as Bases do Desfile-Concurso de Entroido 2019 na Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile-Concurso de Entroido 2019,  co obxectivo de manter a tradición local a través da participación de tódolos veciños e asociacións da localidade.


Así preséntanse as bases polas que se rexe a participación nas que se contemplan ata cinco categorías (Carrozas, Comparsas, Grupos,  Individual-Parellas adulto e infantil) na modalidade de concurso cunha ampla variedade de premios, e unha modalidade de axudas para as Carrozas e Comparsas.


Todos/as interesados/as en participar poden ampliar a información nas bases dispoñibles na web www.aguarda.es


O prazo para anotarse estará aberto dende o 19 ata o 26 de febreiro. Os/as interesados/as deberán entregar o formulario de inscrición e a documentación recollida na base  4ª  no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica.  


O Desfile realizarase o vindeiro 5 de marzo, Martes de Entroido, no percorrido habitual entre a Esquina Famosa (Esquina da Rúa San Bernardo ) e a Alameda da Guarda.  O veredicto do xurado darase a coñecer, tralo desfile, na correspondente entrega de premios.


A Concellería de cultura quere animar á xente da vila da Guarda, con especial mención ós nosos nenos a participar no desfile de Entroido, aínda que non sexa na modalidade concurso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.