Jueves, 25 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 11 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O Concello de Salvaterra de Miño crea un grupo de voluntariado

O Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña para crear un grupo de voluntarios e voluntarias que se involucren na vida social, cultural e humana do propio municipio, co fin de colaborar nas diferentes actividades culturais, deportivas, sociais  que organiza  así como na axuda que presta  a través do Banco de Alimentos Municipal e diferentes actividades medioambientais que se queren realizar, ademais de escoitar tamén as súas propostas.

 

Os interesados en participar neste novo proxecto só teñen que inscribirse no Concello, no 986 658 082 ou a través do seguinte correo electrónico info@concellodesalvaterra.org

 

Para conquerir isto o Concello rexistrouse no Rexistro de Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia que dota dun marco xurídico e de seguridade a todos os voluntarios e voluntarias que se integren dentro do grupo de voluntariado do Concello de Salvaterra de Miño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.