Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 17:41:02 horas

Xornal21.es
Sábado, 09 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP denuncia "graves irregularidades" no contrato da iluminación do nadal

Critican que "a empresa adxudicataria quere cobrar a totalidade dos traballos cando non cumpriu cos prazos acordados"

A iluminación do Nadal en Ponteareas segue "traendo cola", pois agora ademais Alternativa Ciudadana de Ponteareas constatou "graves irregularidades na contratación dese servizo". O proceso iniciouse o pasado 10 de decembro, asinando o acordo o servizo de contratación directa catro días máis tarde, o 14 de decembro. Nese acordo coa empresa encargada, ésta debería prover ás rúas de Ponteareas de iluminación de Nadal e estar en funcionamiento dentro do prazo comprendido entre o 8 de decembro de 2018 e o 6 de xaneiro de 2019.


"Por todos é sabido que este ano a iluminación de nadal foi un completo desastre na vila, con continuos atrasos por fallos. É máis, moitas das luces instaláronse entre os días 17 e 19, ou mesmo o 21 de decembro, cando se instalou a árbore de nadal na praza do auditorio" explicand ende ACiP".


A situación vivida demostra, segundo ACiP, que "a empresa contratada sendo responsable a concellería de comercio, a socialista Inés Vidal, non se cumpriu. Pero o máis grave é que o pasado 9 de xaneiro a empresa encarga do servizo entregou a factura pola totalidade do importe, 30.250 euros, ao que a concelleira decidiu recoñecer e asinar, sendo consciente de que a empresa non cumpriu co acordado no contrato en canto a prazos" explican. "Unha grave irregularidade por parte do goberno municipal que en ningún caso aplicou penalización algunha, aceptando pagar a cantidade total".


Ante esta situación o portavoz de  ACiP, Juan Carlos González Carrera quere “esixir ao alcalde o cesamento inmediato da concelleira socialista Inés Vidal, por dar o visto e prace a esta factura cando a empresa non cumpriu o establecido no contrato. Se non o fai, o alcalde sería cómplice desta irregularidade.Ten que tomar cartas neste asunto e corrixilo de inmediato para que os intereses xerais do concello non se vexan vulnerados polos intereses particulares dunha concelleira que, claramente, demostrou abandono de funcións neste asunto. A factura está pendente de pago e entendemos que a solución agora será moito máis factible que non despois de realizalo”.


Igualmente, González Carrera denuncia que “se nos facemos eco agora desta grave irregularidade non é se non polo que xa denunciamos moitas veces: pola forma de proceder deste goberno que sistematicamente tenta impedir que os concelleiros da corporación accedan aos expedientes de contratación, polo que imaxinamos que en moitos casos ocorrería como con neste das luces de Nadal; gasto ao que houbo que engadir os máis de 12.000 na compra de adornos… moitos deles desaparecidos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.