Vigo
Vigo aproba o proxecto para construír unha zona de ocio sobre o falso túnel da AP9 en Candeán
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este xoves que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto para que a zona superior do túnel da autoestrada AP9, ao seu paso por Candeán, poida converterse nunha zona de ocio. Tamén foron aprobadas as becas de inglés para a Escola de Idiomas e as novas butacas para a grada de Río Baixo.
O Concello de Vigo aprobou este xoves na Xunta de Goberno Local o expediente de contratación das obras do proxecto de recuperación da zona verde situada sobre o falso túnel da AP-9 na parroquia de Candeán.
"Candeán necesita un lugar con encanto e sendo eu deputado xa visitei a zona porque había unha pendente do 80%, levei a solicitude a Madrid para que construísen o túnel e agora vamos a crear no lugar un parque de ocio", sinalou o alcalde en rolda de prensa.
O proxecto ten un orzamento base de licitación de 700.000 euros e a actuación vaise a levar a cabo unha superficie de 19.476 metros cadrados, moi próximo á praza da igrexa parroquial. A iniciativa do Concello transforma o lugar nunha gran zona verde, adecuando tres plataformas multiusos para aparcamento, actividades festivas e pradeira con terra vexetal e árbores.
Ademais, o alcalde tamén apuntou que o proxecto inclúe a instalación de alumeado público, muros de contención de terras para ampliación de anchos de vía, execución de cunetas de formigón e ampliación de las acometidas de saneamento y abastecemento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217