Jueves, 25 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 09 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O BNG denuncia catro meses sen Pleno en Salvaterra

Alertan do "uso de plenos extraordinarios para remendar a mala xestión do PP"

Tras pasar catro meses dende a celebración do último Pleno Ordinario do Concello de Salvaterra de Miño, o BNG denuncia o que considera “unha manobra política fulera do PP para silenciar o traballo da oposición”.


O portavoz municipal do BNG, Xosé Antón Outeiro, sinala que, "en vez de convocar os plenos ordinarios como corresponde para que todos os grupos presenten as súas iniciativas, o goberno do Partido Popular en Salvaterra vai saíndo do paso convocando plenos extraordinarios, nos que só se trata o que o PP decide para remendar a súa mala xestión económica”.


Neste sentido, o Bloque alerta de que nos últimos meses “o goberno do PP empregou dous plenos extraordinarios para aprobar recoñecementos extraxudiciais de crédito de facturas que non figuraban na contabilidade e para incumprir unha vez máis o Plan Económico Financeiro, ao declarar a indispoñibilidade de crédito”.


O BNG sinala que é nos Plenos Ordinarios onde “a oposición pode presentar as propostas e iniciativas, fiscalizar a acción de goberno e trasladar preguntas para dar voz ás solicitudes das veciñas e veciños”. “Dende o mes de outubro de 2018, o goberno do PP está amordazando á veciñanza ao non permitir a participación dos seus representantes na corporación”, indica Outeiro, que considera esta actitude “propia de técnicas caciquís que se atopan á marxe da democracia”.


“Ao BNG non nos van parar os atrancos do PP. Seguiremos traballando para todas as veciñas e veciños, para afastar ao Partido Popular do goberno de Salvaterra de Miño e abrir un tempo novo, con transparencia e sobre todo democracia”, concluíu o seu portavoz municipal, Xosé Antón Outeiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.