OIA
Montse Magallanes e Santos Héctor visitan en Oia a mellora do Camiño de Refoxos
O goberno de Carmela Silva destinou a Oia no que vai de mandato preto de 2,3 millóns de euros, o maior investimento neste concello da historia da Deputación
A deputada e o deputado provincial, Montse Magallanes e Santos Héctor, visitaron esta semana en Oia a actuación integral no camiño de Refoxos, asfaltado, saneamento e peches, realizada coas achegas do “Plan Concellos 2017”. En total, a Deputación de Pontevedra destinou 106.901,4 euros a esta actuación, financiada ao cen por cen a través do Plan provincial. Magallanes amosou a súa satisfacción xa que “unha vez máis grazas ao goberno de Carmela Silva é posible realizar obras que melloran e facilitan a vida das veciñas e veciños da vila” e engadiu que “a Deputación de Pontevedra volve a amosar a súa importancia para levar a cabo actuacións de gran envergadura en todos os concellos da provincia, sen discriminación algunha”.
Neste eido, e tal e como informou a deputada provincial, a obra comprendeu a execución dunha actuación integral con reposición e ampliación de servizo de saneamento e asfaltado da estrada no camiño Refoxos, parroquia de Loureza, nunha superficie de máis de dous mil metros cadrados. Máis polo miúdo, ampliouse a sección da rede de saneamento existente, estableceuse unha conexión da rede renovada coa rede municipal, e tamén se ampliou o camiño para facelo accesible a todo tipo de vehículos. Amais, realizáronse obras de asfaltado e muros de peche de mampostería con subministro de pedra. Tamén se executou a demolición dun galpón para a ampliación do camiño e a posterior reconstrución do mesmo con bloque de formigón pintado.
Este ano só co Plan Concellos, a institución provincial pon a disposición da vila preto de medio millón de euros, un 3,27% máis que no 2018
Este ano, a través do Plan Concellos 2019, o goberno de Carmela Silva pon a disposición de Oia un total de 456.119,22 euros, o que supón un 3,27% máis que no exercicio anterior. Amais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 315.402,88 euros, o concello de Oia tamén ten á súa disposición 40.807,74 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, contou con outros 99.908,60 euros da Liña 3 de emprego cos que o goberno municipal de Oia pode financiar a contratación de 8 traballadoras e traballadores para o concello.
Preto de 2,3 millóns de euros investidos en Oia
O goberno de Carmela Silva, no que vai de mandato, ten investido no concello de Oia preto de 2,3 millóns de euros, o maior investimento feito nunca neste municipio na historia da Deputación. Nestes tres anos e medio, só co Plan Concellos, a través da Liña 1, Oia puido financiar un total de 49 actuacións e, coa Liña 3 de Emprego, a Deputación financiou a contratación de 44 traballadoras e traballadores municipais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136