Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 15 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP pide cambiar a localización o segundo paso de peóns fronte o CEIP Altamira

Consideran imprescindible que nas obras de mellora da rúa Rosalía de Castro, “xa que chegan tarde”, déase prioridade os accesos o CRA e o CEIP Altamira e á ordenación do tráfico na entrada e saída dos alumnos para reducir o perigo dos peóns

O PP de Salceda de Caselas considera “positiva” a reforma da rúa Rosalía de Castro pero cre que “chega tarde”, que está “mal planificada” e que debería ser “máis ambiciosa”. O seu portavoz e candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, táchaa de “estratexia electoralista” a tres meses da cita coas urnas “cando tería que facerse moitos anos antes e cando os nenos están de vacacións escolares e non agora en plena época escolar cos problemas que carrexa no tráfico”.

 

Para Davila, “dado o mal estado da rúa dende fai polo menos cinco anos, calquera arranxo e mellora do asfaltado é bo” pero “xa que se fai un proxecto de mellora, debería de realizarse completo e priorizando a seguridade dos nenos e dos pais que a diario acoden o colexio para levar e recoller os seus fillos”. Refírese á “inexistencia” dun “plan de tráfico ambicioso nos accesos o CRA e o CEIP Altamira” para autobuses e coches e así reducir o perigo para condutores e peóns. “Tal e como está exposta a ordenación de tráfico a través do pintado do novo asfaltado, cremos que en lugar de axudar vai entorpecer as posibilidades de recollida dos nenos do centro e do comedor xa que neste momento está permitido parar uns minutos en dobre fila e esa pequena licenza vaise eliminar”, detalla o candidato popular.

 

Necesidade dun PXOM

Neste sentido, os populares propuxeron en decembro de 2017, a través do rexistro do Concello, unha proposta para cambiar de localización o segundo paso de peóns fronte o CEIP Altamira. “En horario de entrada e saída do colexio moitos nenos e adultos cruzan a rúa fora do paso de peóns por non desprazarse 20 metros porque lles resulta máis cómodo así que consideramos que é o Concello o que debe velar pola súa seguridade e comodidade cambiando éste cebreado ás portas do centro e, ao mesmo tempo, sería máis eficiente para o tráfico”, afirma o candidato á Alcaldía polo PP, quen cre que “a solución definitiva a esta conxestión no viario está na aprobación dun PXOM ou nunha modificación das normas subsidiarias”.

 

Rodríguez Davila lamenta que o Alcalde, Marcos Besada, actúe unha vez máis “pensando nos votos” e “facendo o que el mesmo criticaba hai uns anos, asfaltar rúas sen ningunha planificación xusto antes das eleccións para gañar apoios nas urnas”.

 

“O final, a maldita hemeroteca déixao en evidencia porque despois de doce anos sen facer máis nada que crear conflitos cos veciños, os provedores e os traballadores municipais, sabe que non ten outra forma de vender xestión que botando cemento sobre o pavimento sen ningunha orde”, apostila Davila quen espera que “estas obras páguense en tempo e forma” para que logo “non carguen coas consecuencias e as culpas os traballadores ou a oposición”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.