VIGO
O Concello enviará mil alumnos a estudar idiomas
O alcalde deu conta da ampliación ata 900 do número de bolsas de idiomas para alumnos de 3º da ESO, unha cifra á que hai que sumar outras cen achegas para alumnos da Escola de idiomas. O Concello aumentará en 340.000 euros a achega para cubrir o aumento de solicitudes de estudantes de Secundaria dado que se rexistraron 962, fronte ás 750 prazas previstas
O Concello atenderá as 962 solicitudes que cumpren os requisitos para acceder ao "extraordinario" programa Vigo en inglés 2019. Tendo en conta as previsibles renuncias, o goberno local utilizará a marxe de aumento dun 20% do número de prazas que prevé o contrato, de forma que se poidan outorgar unhas 900 achegas.
O ano pasado foron 766 as solicitudes que cumprían os requisitos e foron atendidas -descontadas as habituais renuncias-, unha cifra que este ano foi máis elevada e que obrigará a aumentar en 340.000 euros o orzamento. As prazas previstas neste 2019 eran 750, pero contabilizadas as peticións, o orzamento ascenderá a 2.044.000 euros, unha cifra á que haberá que sumar outras 100 bolsas para os alumnos da Escola de Idiomas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217