PONTEAREAS
González Carrera acusa ao goberno de Ponteareas de "despilfarro económico"
O Paseo Matutino, exemplo de gastos e actuacións que superaron o establecido inicialmente
Para Alternativa Ciudadana de Ponteareas "a única obra que levou adiante o actual goberno municipal da vila nestes catro anos de mandato é un exemplo máis de desgoberno e malgasto económico".
A do Paseo Matutino "é unha obra de 2016, cunha execución que se iniciou a correr en setembro 2018. Segundo indicaban no contrato coa empresa adxudicataria, a duración dos traballos serías dun mes e medio; a realidade foi ben distinta, pois a obra finalizou 'inicialmente' o 30 de decembro" explican. "Ata ese momento veciños e comerciantes tiveron que vivir todo tipo de contratempos e molestias", situación que ACiP achaca "á concelleira de vías e obras, a socialista Chus Garrote, quen durante estes catro anos xamais pisou as rúas nin fixo seguimento de obras, deixando pasar o tempo no seu despacho oficial".
"Esta situación de descontrol provoca que, en pleno mes de decembro, co inicio dunha campaña de Nadal tan importante para os comerciantes, o goberno inicie as obras para instalar un novo colector, cortándose toda a Avenida de Galicia ao tráfico" aseguran engadindo que "os veciños, ademais, advertiron e denunciaron que a execución dos traballos non era a correcta, pois se estaban mesturando as augas fecais coas pluviais; denuncias ás que, unha vez máis, fíxose caso omiso desde o concello".
"Concluídas e certificadas as obras, comprobamos como algúns dos investimentos previstos non se executan; en concretooas que facían referencia a sinalización, pintado e papeleiras. Novo exemplo, unha vez máis, deste descontrol que se vive de portas dentro no grupo de goberno" asegura o portavoz de ACiP nun comunicado.
"O máis grave de todo é que pouco despois, nun día de choiva como outro calquera, desbórdase unha das arquetas de fecais e asolaga a rúa, o que leva ao concello a realizar unha nova contratación, agora por un importe de 19.000 euros, para abrir a rúa e reparar ese desaguisado. Fixérono, ademais, valando as obras para que ninguén poida ver a chapuza acometida. A iso engádese o corte da rúa ao completo, en lugar de facelo por tramos para facilitar o tráfico e, especialmente, o traballo dos comerciantes da zona, que están a sufrir todo tipo de contratempos tan sequera para poder recibir a mercadoría" indica.
"A día 13 de febreiro a situación segue igual e o concello mantense nos seus trece e facendo caso omiso ante as queixas e denuncias dos veciños". Para Juan Carlos González Carrera, portavoz de ACiP, “ese descontrol ao que tanto aludimos volve demostrarse unha vez máis. Está claro que por unha banda manda a concelleira de vías e obras e por outro o alcalde. Non hai coordinación, cada un vai ao seu e fai o que lle vén en gana, malgastando miles de euros en tres actuacións (primeiro tramo do Paseo Matutino: 170.000 euros; colocación colector fecais en Avenida de Galicia, por erro das obras anteriores: 40.000 euros; parche final de 19.000 euros) que fartaron á cidadanía e que aínda non se solucionaron, cinco meses despois, cando a obra estaba programada para mes e medio de duración. Non nos queda outra que lamentar profundamente esta situación e pedir desculpas a todos os afectados por este goberno municipal que nos está tocando sufrir a todos”.
A modo de conclusión, o portavoz de ACiP lembra que a concelleira de vías e obras “mentiu no seu momento no pleno municipal cando o noso grupo advertiulle que a obra da Avenida de Galicia non servía de nada porque non se estaban separando as augas fecais e pluviais, e a súa resposta foi que esa obra faríase con custo cero para o concello porque entraría nas melloras da primeira obra. Non entrou nesas melloras, non se realizou, o que significa que volverán abrir en breve prazo para seguir na situación que estamos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163