Sábado, 27 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 15 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán celebra este fin de semana en Priegue o seu primer 'Festival Folk de Entroido'

Haberá actuacións durante o sábado e a mañá do domingo, rematando cun xantar para o que é preciso reservar praza previamente

O Concello de Nigrán celebra durante todo este fin de semana no Centro Cultural 'O Torreiro de Priegue' o seu 'I Festival Folk de Entroido' co apoio de Pontegal. Este congregará a grupos folclóricos de toda a comarca e rematará cun xantar de lacón con grelos o domingo para o que é preciso inscribirse previamente e abonar 15 € (652849933). Ademais, como estrea do novo espazo de xogo realizado polo goberno local (vencellado á restauración da antiga escola infantil para o usa da A.V. A Irmandade) celebrarase dende as 11:00 horas do sábado un torneo de petanca.

 

[Img #50327]As actuacións folclóricas comenzarán o sábado ás 19:00 horas coas Pandereteiras da AV Monteferro de Panxón, Pandereteiras C.C.A Camoesa (19:30) e Os Escaravellos de Beade (20:00). O domingo continúa con Brisas de Bouzas ás 12:00. Roibén Folk (12:30), Lirolai Folk (13:00) e xantar dende as 14:00 horas.

 

 

 

 

"Ten como obxectivo quentar os motores para a celebración do entroido en Nigrán e ao mesmo tempo pretende por en valor este espazo recén remodelado para que sexa un verdadeiro punto de encontro de nenos e maiores da parroquia", sinala o alcalde

 

 

 

 

"É un festival que ten como obxectivo quentar os motores para a celebración do entroido en Nigrán e ao mesmo tempo pretende por en valor este espazo recén remodelado para que sexa un verdadeiro punto de encontro de nenos e maiores da parroquia", sinala o alcalde, Juan González.

 

O Concello de Nigrán investiu 51.064,42 euros euros do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra para rehabilitar e crear novas zonas de xogo neste espazo (unha pista multideportes) e mellorar as existentes, así como realizar unha nova división interior da antiga escola pechada durante décadas co fin de cedela ás entidades da parroquia para o seu uso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.