O PORRIÑO
O Concello instala un quentador de auga e calefacción na Unitaria de Mosende
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure, vén de visitar a Escola Unitaria de Mosende onde o Concello colocou un quentador de auga e un sistema de calefacción.
A escola, subliña a alcaldesa “carecía de calquera instalación para que as nenas e nenos estivesen quentes”. En menos dunha semana o Concello dispuxo os mesmos, investindo uns 6.000€, e “agora os pequenos xa no pasan frío xa que mesmo tiñan que estar na clase cos abrigos e as cazadoras postas e non podían nin lavarse as mans porque a auga saía conxelada da billa”.
Escola Infantil de Torneiros e CEIP de Atios
A actuación na Escola Unitaria de Mosende é outra máis das accións de mellora e arranxo que acomete o Goberno local nos centros de ensino do Porriño. A finais de agosto, a alcaldesa supervisara persoalmente o remate dos traballos de reforma e mellora da Escola Infantil A Galiña Azul de Torneiros, nas que o Concello investiu 37.577,53€
As obras abrangueron a retirada do perpiaño superior do inmoble, a colocación de novas baixantes, a reparación da caneta posterior e do comedor; a demolición de varios tabiques; a eliminación das filtracións de auga; arranxo oe muro de contención do xardín de xogos; substitución do pavimento; colocación dun novo pechamento metálico na entrada; amaño do xardín e o céspede; substitución dos zócolos; reparación de xogos, elementos e bambáns; pintado das varandas, selado de fiestras ou a limpeza das fachadas cun tratamento de auga a presión.
Do mesmo xeito, impulsou as obras de mellora da cuberta e dos baños do centro CEIP Plurilingüe de Atios, cun orzamento de 15.000€.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163