Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 16:17:22 horas

Xornal21.es
Sábado, 16 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Campionato Galego de Bádminton Sub 11 e Senior

[Img #50390]A localidade pontevedresa de Ponteareas acollerá os vindeiros 16 e 17 de febreiro, por primeira vez, un Campionato Galego de Bádminton, nesta ocasión será para as categorías Sub 11 e Senior, convertíndose xunto a Ourense, A Coruña e A Estrada en un dos concellos que albergarán nesta tempada un campionato galego. O club anfitrión, C.B. Ponteareas, e o Club Escola Rosalía de Vigo serán os encargados de levar a cabo a organización deste evento, que conta co apoio institucional do Concello de Ponteareas e da Deputación de Pontevedra.

 

O campionato desenvolverase no Polideportivo Álvaro Pino que contará con 14 pistas repartidas nos dous pavillóns da instalación ponteareana. Nesta cita participaran 131 xogadores/as procedentes de toda a geografía de Galicia que disputarán un total de 32 probas repartidas entre as modalidades de individual masculino, individual femenino, dobles masculino, dobles femenino e dobles mixto. A proba estará controlada pola Federacións Galega e Española de Bádminton sendo o xuiz árbitro o catalán Francesc Pi acompañado de dous árbitros nacionais. 

 

A competición comezará arredor das 14:00 horas do sábado 16 de febreiro coa disputa da fase de grupos e o cuadro final mentres que na xornada dominical terán lugar as semifinais e finais coa posterior entrega de premiacións ao seu remate.

 

Dentro dos xogadores participantes haberá moitos campións galegos e nacionais das distintas categorías en xogo que terán na localidade do Condado-Paradanta o reto de revalidar o seu título e de preparar os Campionatos de España de cada unha das categorías que terán lugar en Pontevedra para os Sub 11 e Palma de Mallorca para os Senior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.