Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 15 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Oito grandes esculturas da exposición “Nado en pedra” da Deputación lucirán en sete concellos

Carmela Silva asinou o convenio cos alcaldes e alcaldesas do Rosal, Oia, Cambados, A Guarda, Caldas de Reis, Mos e Silleda que acollerán 8 pezas da mostra da Escola de Cantería

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta mañá, no Pazo Provincial, cos concellos de O Rosal, Oia, Cambados, A Guarda, Caldas de Reis, Mos e Silleda, o convenio para a doazón das esculturas da exposición “Nado en Pedra” da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. Xunto á presidenta Carmela Silva e a deputada provincial Montse Magallanes, estiveron a tenente de alcalde de O Rosal, Charo Tabales; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; e o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña.

 

Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación resaltou a importancia de levar a cabo iniciativas coma esta “que poñen en valor unha profesión da nosa historia como é a de canteira e canteiro, e que lle dan visibilidade a ese traballo en pedra nos nosos pobos”, e engadiu que “xa estamos a planificar facer outras exposicións con diferentes motivos para seguir levando a cultura da pedra polo noso territorio”. A mostra da Escola de Cantería acaba de rematar o seu percorrido pola provincia e debido á súa boa acollida entre a cidadanía e o interese dos concellos, decidiuse doar as pezas escultóricas que forman parte da exposición. Así, O Rosal recibirá a escultura do “Gaiteiro”, para Oia irá o “Ferreiro”, ao concello de Cambados entregaráselle a “Muller dando o peito”, A Guarda recibirá a “Muller despedíndose”, Caldas de Reis o “Canteiro”, a Mos doaránselle dúas esculturas: “Home de pé co seu fillo” e “Maleta”, e, para rematar, Silleda recibirá a escultura do “Abrazo”.

 

 

 

 

“É moi importante levar a cabo iniciativas coma esta que poñen en valor unha profesión da nosa historia e que lle dan visibilidade ao traballo en pedra”

 

 

 

 

“Nado en pedra” é unha mostra itinerante cuxa finalidade é pór en valor os traballos realizados dende a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. A exposición componse dunha vintena de pezas de gran tamaño, algunha delas de máis de 1.000 quilos de peso, que teñen por temática central a figura humana. Algunhas das esculturas amosan oficios tradicionais da nosa terra como a ferrería, a costura ou a propia cantería, mentres que outras se centran en estampas da vida cotiá. A mostra percorreu con gran éxito algúns concellos da provincia, como Caldas de Reis, A Guarda, Pontevedra, O Rosal, Nigrán, Silleda e Cambados ou tamén o concello de Santiago de Compostela na provincia da Coruña. Igualmente pasou por Vigo “Nado en pedra. Formas e figuras”, unha iniciativa similar pero centrada non tanto en figuras humanas senón, como indica o seu nome, en formas e figuras humanas pero tamén de obxectos, cousas ou animais.

 

Os traballos do alumnado e do profesorado da Escola de Cantería xa deixaron pegada no patrimonio arquitectónico popular de Galicia e de todo o mundo: Fortaleza (Brasil), Maracaibo (Venezuela), Manila (Filipinas), La Paz (Bolivia), Nova York (EEUU), Nicaragua, Querétaro (México), Río Gallegos e Bos Aires (Arxentina), Montevideo (Uruguai), Chile, Cuba, Alemaña, Francia, Suíza, Romanía e Portugal. Tamén son numerosos as alumnas e alumnos que forman parte dos equipos de restauración de emblemáticos edificios históricos como son A Sagrada Familia, a catedral de Santiago de Compostela, a catedral de Westminster, así como obras de recuperación do Capitolio en Washington.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.