MOS
O Concello de Mos prepara actividades para celebrar o Día da Muller
O Concello abre o prazo de inscrición na actividade “Xuntas no Camiño” e na Cea Baile “Son Muller”
A alcaldesa de Mos e as concelleiras de Política Social e Cultura, Sara Cebreiro, e de Participación Cidadá, Julia Loureiro, presentaron acompañadas dunha ampla representación feminina do tecido asociativo mosense dúas das "iniciativas estrela" da Programación do Día Internacional da Muller 2019, coincidindo coa apertura do prazo de inscrición nas mesmas.
As representantes municipais, Arévalo, Cebreiro e Loureiro, declararon a este respecto que “dende o Concello comezamos a traballar con antelación para que o programa do Día da Muller deste ano sexa inesquecible e consideramos que facendo xuntas o Camiño de Santiago dende Mos e coa cea de confraternización e convivencia para mulleres conseguirémolo. Por iso animamos á participación en ambas actividades que consideramos que serán un gran éxito e do agrado de todas”.
“Xuntas no Camiño” dará comezo o propio Día da Muller, 8 de marzo, e rematará o 12 de marzo. As beneficiarias serán as mulleres de Mos maiores de 18 anos que realizarán o Camiño de Santiago dende Mos en 5 etapas. Cada etapa terá saída e regreso en autocar dende o Pazo de Mos.
![[Img #50441]](https://xornal21.com/upload/images/02_2019/2329_xuntas_1.jpg)
O día 8 farase a etapa Tui – Mos (de 9:00 a 14:00 h) o día 9 Mos – Pontevedra (de 9:00 a 17:00 h) o día 10 Pontevedra – Caldas (de 9:00 a 17:00 h), o día 11 Caldas - Padrón (de 9:00 a 17:00 h) e o día 12 Padrón - Santiago (de 9:00 a 20:00 h).
As interesadas en formalizar a súa inscrición poden facelo nas oficinas do edificio Multiusos das Pozas ou no Rexistro Municipal no Concello de Mos ata o 1 de marzo. O prezo por participante é de 30€ e inclúe transporte e comidas.
O 16 de marzo celebrarase a Cea Baile “Son Muller” tamén para mulleres maiores de 18 anos, no Pavillón Óscar Pereiro. Dará comezo ás 22.00 h e o prezo por persoa é de 20 €. As inscricións poderán realizarse nas oficinas do Multiusos ata o 6 de marzo.
Ademais a programación conmemorativa do 8 de marzo, Día da Muller, incluirá moitas outras actividades como obradoiros nos colexios, formación para mulleres… etc. Iniciativas que se irán anunciando próximamente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168