DEPORTES
O Club Natación Mos, pioneiro en Galicia en Natación Adaptada para Invidentes
Un dos seus membros, Juan Ferrón Gutiérrez, participará o mes que ven no Campionato de España por Comunidades Autónomas, sendo o único galego na competición
O Club Natación Mos informa de que o club incorporou unha sección de Natación Adaptada. Un dos integrantes do club, Juan Ferrón Gutiérrez, posúe unha discapacidade, e decidiu dar o salto á natación adaptada.
Desde esta tempada, Juan nadará tanto en natación, onde ten grandes resultados e varias mínimas autonómicas, como en Natación Adaptada. A discapacidade de Juan é severa, sendo de tipo visual, e foi encadrado na Categoría S12 (a previa, por gravidade, aos invidentes que son S11).
Tras federar ao deportista e ao adestrador na Federación Española de Deporte para Cegos, o Club Natación Mos descubriu que é un club pioneiro en Galicia, pois desde a mesma FEDC, informáronos de que a día de hoxe, son o único club galego en contar con esta sección de deporte adaptado para persoas con discapacidade visual.
Os próximos 29/30 e 31 de Marzo, Juan e o adestrador, Alberto Pereira, desprazaranse ao Campionato de España por Comunidades Autónomas, onde Galicia estará, únicamente, representada por Juan, xa que como se dixo o mosense é o único club galego que conta con esta categoría.
Desde a Xunta Directiva do Club Natación Mos celebran esta noticia, e enorgullécense de poder achegar o seu graíño de area á inclusión deportiva para aquelas persoas que teñen maiores hándicaps que superar e que, froito dun maior traballo e perseveranza, lógrano. “Desde este club tan humilde, noticias como estas non fan máis que impulsarnos e aos poucos, ir crecendo en cantidade e resultados para asentarnos como un club consolidado e estable”, conclúen dende a Directiva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126