Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 18 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos organiza unha excursión para maiores ao Entroido de Verín e Xinzo

Hoxe luns 18 de febreiro, último día para inscribirse

A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro organiza unha excursión para maiores a Verín e Xinzo de Limia para visitar o seu Entroido. Este luns 18 de febreiro será o último día para inscribirse.

 

Os/As beneficiarios/as directos/as desta actividade  serán  tódolos/as  maiores  de 65 anos ou de 55 anos en condición de pensionistas,  preferentemente empadroados/as no Concello de Mos.

 

A viaxe realizarase o 24 de febreiro.

 

Un aspecto moi importante a destacar deste tipo de saídas, é que fortalece os lazos entre os veciños e veciñas fomentando a súa vez a autonomía persoal, as habilidades de socialización e o aprendizaxe, entendéndoo este como aspecto imprescindible a desenvolver ó longo da vida.

 

O 24 de febreiro (domingo) visitarase pola mañá Verín vendo o Corredoiro dos Cigarróns. Despois haberá un xantar en Verín no Asador José. E pola tarde rematase en Xinzo de Limia vendo os Pasarrúas das charangas.

 

Contarase co servizo dunha guía oficial, que contará a historia do Entroido de ambos lugares e coa que os participantes visitarán Verín e Xinzo.

 

O xantar será no Asador José  e o menú (sopa de cocido, cocido galego, orellas de entroido, bebida).

 

O prezo por participante é de 22 euros correspondentes únicamente ó xantar, o transporte e o servizo de guía corren a cargo do Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.