MOS
Montes de Tameiga xunto a outros colectivos concentraranse contra a modificación do PXOM
Os representantes das catro comunidades de usuarios de auga de Casal-Tameiga, Monte Baxiña, Sanguiñeda e Petelos-Tameiga, e a Comunidade de Montes Vecinais en man común de Tameiga-Mos, veñen de emitir un comunicado firmado conxuntamente no que piden "a retirada da modificación puntual número un, do PXOM, que daría via libre para expropiar o Monte e a Auga."
Aseguran que esta "esixencia" é tamén "demandada por tódolos grupos políticos da oposición no Concello de Mos, no último preno municipal do pasado 28 de xaneiro".
As entidades considéranse perxudicadas na construción do Macro Centro Comercial nos montes de Tameiga e deixan claro que "este Macro Centro Comercial, sería unha lousa de formigón sobre os montes de Tameiga, que afectaría moi negativamente á cantidade e calidade da auga recollida nas captacións, a calidade de vida de toda a veciñanza, ao caos circulatrio polas deficientes estradas da parroquia, a saturación dos precarios servizos de saneamento, e un longo etcétera, pondo así en perigo a subministración de auga ás miles de familias que conformamos as comunidades damnificadas"
Como medida de protesta convocan una concentración no Concello o vindeiro venres día 22 de febreiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168