García de la Torre: “é moi difícil que cando eu me comprometo con algo tire a toalla”
A candidata socialista á reelección no Porriño asegura seguir "firme" no seu compromiso de traballar “por cada un de vós, por cada unha das vosas necesidades”
“É moi difícil que cando eu me comprometo con algo tire a toalla”. Así se presentou Eva García de la Torre ante un auditorio cheo co que se comprometeu “a traballar por cada un de vós, por cada unha das vosas necesidades”.
A candidata socialista á reelección no Porriño recordou que fai catro anos “fixemos historia e por primeira vez unha muller socialista chegou ao goberno do Porriño”. “Quero seguir gobernando”, confesou de la Torre, que denunciou a labor da oposición liderada polo Partido Popular.
A actual alcaldesa recordou algunhas das políticas levadas a cabo durante o seu mandato, como os comedores escolares “pagados ao 100% polo Concello” nos colexios con menos recursos, “a pesar da negativa do PP e da Xunta”, á vez que denunciou cando ao PP e Esquerda Unida “mandaron co seu voto 1.300.000 euros en inversión ao caixón”.
“Tivemos que aguantar un sen fin de intentos para que non puidese presentarme de novo á alcaldía, e non o conseguiron”, recordou de la Torre, que pediu á veciñanza que se acordasen destas cousas “cando dentro de 113 días vaiamos meter un voto na urna para elixir alcaldesa”.
David Regades foi o primeiro en intervir no acto para recordarlle á candidata á reelección que ten “todo o apoio” da dirección provincial “para conseguir que no Porriño sigan tendo unha alcaldesa socialista”.
“O Partido Socialista ten unha especialidade, as eleccións municipais”, asegurou Regades, que puxo de exemplo o gran traballo levado a cabo por alcalde socialistas en Galicia e no resto de España. “Tierno Galván en Madrid; Pasqual Maragall en Barcelona; ou sen irnos tan lonxe, Abel Caballero en Vigo”, puxo como exemplo o secretario xeral provincial.
“Ninguén máis ten a capacidade que ten Eva de entender ao Porriño e poñer os recursos que precisa para seguir avanzando”, asegurou, pola súa parte, Carmela Silva. A presidenta da Deputación de Pontevedra describiu á García de la Torre como unha muller “forte, do século XXI, intelixente e sensible”, que ademais “é unha namorada do Porriño, do seu pobo”.
Silva recordou a decisión de Feijóo de desviar inversións industriais para Mos “porque alí hai unha alcaldesa do Partido Popular”. “Non é que non sexamos iguais, é que nin somos parecidos”, sinalou Silva tras recordar que na institución que ela preside “os fondos repártense atendendo a criterios obxectivos”, dando por rematada a época “dos amiguismos de Louzán e do PP”.
“A Deputación de Pontevedra investiu neste mandato máis de sete millóns e medio de euros no Porriño, pero respectando a autonomía local: era a alcaldesa a que decidía onde se investían eses cartos”, sinalou Silva. “E así e como se fai co resto dos concellos da provincia, sen importar quen goberna”.
Eva García de la Torre estivo tamén acompañada polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que asegurou que o partido ten “equipo dispostos a traballar” de cara as próximas citas electorais. O máximo dirixente do partido en Galicia asegurou que non poden dar “as batallas por perdidas: o PSOE con Pedro Sánchez vai ser a primeira forza e vai gobernar tras as eleccións xerais, e despois serémolo nas eleccións municipais”.
“Aquí no Porriño será da man de Eva, unha muller con criterio, con capacidade, que quere seguir sendo a alcaldesa que este pobo precisa”, afirmou Caballero, que pediu ás e os militantes e simpatizantes “moito traballo, moita pedagoxía, que saiades á rúa a convencer de que o socialismo está aquí para cambiar a vida da xente”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11