SALCEDA DE CASELAS
Tourón traballará “ao lado da veciñanza”
A candidata socialista á alcaldía de Salceda de Caselas asegura que as “ferramentas de traballo das e dos socialistas” son o “diálogo, o compromiso e a transparencia”
Verónica Tourón daba o pasado día 17 o primeiro impulso á súa candidatura deixando claro que se presenta “para poñer a política ao servizo das persoas”, unha máxima sobre a que xirou a súa presentación ante á veciñanza de Salceda de Caselas.
“O 26 de maio Salceda vai decidir o seu futuro”, asegurou a candidata socialista, que espera rematar “coa política de estancamento e remendos que está a facer o PP” na vila escoitando e dialogando, “algo que nunca me dou medo”, afirmou entre os aplausos das preto de 300 veciñas e veciños que se congregaron no Auditorio Municipal.
Tourón acusou ao actual goberno de ter Salceda “paralizada” facendo política “de costas á veciñanza”, como no caso do PXOM, “que foi exposto publicamente grazas a unha moción presentada polo grupo socialista”.
“Eu comprométome a facer o primeiro PXOM participativo”, anunciou a candidata socialista, pois ela é “unha veciña máis que un día decidiu que era preciso comprometerse polo pobo”, un compromiso que comparte cun equipo “capacitado e preparado” para que o 26 de maio Salceda “teña o cambio que precisa”.
Tourón estivo acompañada na presentación da súa candidatura por diversos dirixentes e cargos públicos socialistas. David Regades, secretario xeral provincial e encargado de abrir o acto, asegurou estar “moi contento” antes as candidaturas socialistas encabezadas por mulleres, “pois representan o compromiso deste partido co feminismo”.
Regades asegurou que é “imprescindible” que Salceda conte cunha alcaldesa como Tourón “cun único compromiso, servir ás veciñas e veciños”, e brindoulle “todo o seu apoio” como secretario xeral para rematar cun alcalde ao que acusou de “disfrazarse de esquerda para despois actuar como a dereita máis vella”.
Carmela Silva, pola súa parte, fixo un chamamento ás mulleres de Salceda “para liderar” unha campaña que coloque a Tourón “no lugar que merece” e dirixir desde a alcaldía “a gran transformación que se merece Salceda”, ata o de agora gobernada “por quen non cre nos dereitos das mulleres”.
A presidenta da Deputación de Pontevedra puxo como exemplo do “machismo” do PP a contratación por parte do Concello de Baiona de Sánchez Dragó, “un dos tipos máis impresentables deste país”, e cuxa retirada do cartel de conferencias da Festa da Arribada xa pediron as e os socialistas formalmente. “Para iso estamos as e os socialistas, para dicir que non e loitar contra esta involución democrática que nos quere traer o PP, Ciudadanos e VOX”, rematou Silva.
Tourón tamén contou co respaldo do secretario xeral galego, Gonzalo Caballero, que cualificou de “gran acerto” o proxecto da candidatura socialista en Salceda, “cun criterio claro do que hai que facer e cunha folla de ruta construída desde a base”, asegurou.
Caballero non quixo esquecerse da recente convocatoria de eleccións xerais e asegurou que imos vivir “semanas de moita intensidade política”. “Desde este partido farémolo con forza, argumentos, pedagoxía e alegría” para trasladar “á veciñanza que o PSdeG ten un proxecto para os concellos, para Galicia e para España”.
“Xogámonos moito”, sinalou Caballero, para quen agora “é o tempo de actuar, para que o que non nos gusta non se poida dar”. “As prioridades que tiña o goberno da dereita víanse claras na subida do 0,25% das pensións o ano pasado”, denunciou o máximo dirixente do socialismo galego, para poñer a continuación en valor “as políticas sociais levadas a cabo nestes oito meses por Pedro Sánchez”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.37