AS NEVES
Xose Manuel Rdgz Méndez preséntase coma candidato do BNG a alcaldía das Neves
“Imos!” Esta expresión, que é xa o lema da xestión do alcalde de As Neves, e candidato á reelección Xosé Rodríguez Méndez, resume o acto de presentación da súa candidatura para as Eleccións Municipais do vindeiro mes de maio.
Nun ambiente de esperanza, coa vista posta no futuro, cun equipo novo e con ganas e na compañía da voceira nacional do BNG, Ana Pontón, Xosé Rodríguez Méndez presentou este domingo as liñas do que agarda sexa o seu segundo mandato.
En primeiro lugar deu as grazas “ás mulleres e ós homes das Neves que estades aquí, pola vosa confianza e apoio, nada tería sentido se non estades, traballando, empurrando, criticando, animando, construíndo esta sociedade diversa e plural, e provocando en min o impulso necesario para facela mellor, mais xusta, cargada de futuro. Se vindes comigo, eu vou!”, dixo o alcalde.
Rodríguez apostou por un Concello transparente, participativo Inclusivo, igualitario e diverso. “Un Concello de todas e todos”, no que, dixo, todos esteamos orgullosas e orgullosos de ser das Neves “teñamos a idade, a condición, e a orixe que teñamos. Traballando na creación do sentimento de pertenza, do orgullo de ser e de vivir aquí, con valentía, con modernidade e respecto polo que aquí nos trouxo”.
O candidato do Bloque adiantou que o seu obxectivo é afianzar un Concello igualitario, “que incorpora xa o concepto da igualdade de xénero en todas as políticas”, e quere afondar con decisión, nos valores do feminismo.
Xosé Rodríguez Méndez puxo a vista no futuro, en seguir a construción de espazos seguros e amables que valoren o entorno e protexan ás persoas. Adiantou que o seu obxectivo é o de fixar poboación con emprego e servizos. Puxo a vista na creación de emprego, na aposta da educación-empezando pola nova Gardería de As Neves- na mellora da sanidade, na proxección das Neves, na confianza nas súas veciñas e veciños e en conquerir unha confianza que permita dispor dunha maioría que sexa a clave para seguir construíndo e avanzando.
Ana Pontón
Pola súa banda, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, logo de amosar a súa admiración e recoñecemento ás veciñas e veciños de As Neves, que souberon superar a adversidade logo do que fixo o lume no concello, salientou que o seu alcalde estivo sempre ao carón das persoas, facendo seus os problemas que tiñan e traballando para atopar unha solución.
Pontón subliñou que a xestión de Xosé Manuel Rodríguez Méndez “impulsou o cambio transformador de As Neves” e posibilitou que a vila sexa hoxe máis aberta, que se creasen máis oportunidades e que se abra un futuro “no que seguirá mellorando e transformando a vida das persoas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22