SALCEDA DE CASELAS
O Consello Galego de Relacións Laborais mediará no conflito laboral do Concello
A “falla de negociación do Concello” cos empregados nos últimos doce anos mantén o conflito estancado
O pasado dia 12, e por acordo unánime da última Asemblea Xeral de Traballadores, desprazáronse a Santiago, os delegados sindicais de CCOO, CIG e CSIF do concello de Salceda de Caselas, acompañados por representantes de ditos sindicatos, para manter unha xuntanza coa presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais de Galicia, Verónica Martínez Barbero.
Os representantes dos traballadores do concello de Salceda de Caselas, expuxeron a súa problemática “a falta de negociación colectiva no concello, nos últimos doce anos, e como consecuencia a falta dun convenio colectivo para o persoal laboral, de un acordo regulador para o persoal funcionario e dunha RPT, para todo o persoal, regularizando dunha vez por todas os postos de traballo e tamén que o concello non rexeite as melloras laborais acordadas no II acordo entre o Goberno e Sindicatos de marzo 2018”.
Así veñen de solicitar ao Consello Galego de Relacións Laborais, unha mediación entre as partes, na procura dunha solución a este longo conflito laboral ,presentando por rexistro unha solicitude formal da mediación .
A Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, a inspectora de traballo Verónica Martinez mostrouse disposta a mediar no conflito, para lograr un acordo que satisfaga as dúas partes, e tamén invitou a tódolos partidos políticos que teñan representacións institucional no concello de Salceda de Caselas (PP e PSOE) a sumarse a Mesa Negociadora , xunto cos sindicatos CCOO,CIG, CSIF, e o partido que goberna actualmente Movemento Salceda.
Tanto o PP como PSOE, xa confirmaron a súa asistencia a Mesa Negociadora do Consello Galego e valoran como “moi positiva” a iniciativa, que abre un novo escenario para solucionar o conflito.
Os traballadores agardan agora que o equipo de goberno de Movento Salceda, se sume a esta iniciativa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217