O PORRIÑO
O PP do Porriño denuncia o “total abandono” do Centro Cultural Alba
Nunha visita as instalacións os populares aseguran que “comprobaron de primeira man as pésimas condicións en que se atopan estas instalacións municipais, imposibilitando o normal desenvolvemento da actividade da Asociación Veciñal e Cultural San Rosen-do Alba”.
O Partido Popular do Porriño mostra o seu “malestar” e a súa “preocupación polo estado en que se atopa o que debese ser un dos pulmóns culturais e social da parroquia de Torneiros, o Centro Cultural e Social Alba”.
Os populares aseguran que puideron “comprobar as pésimas condicións en que se ato-pan estas instalacións municipais, con humidades e desconchones que se poden apre-ciar a primeira ollada, nunha visita realizada ao centro” na que estiveron acompañados o presidente da AVV San Rosendo Alba, Juan Carlos Otero, e outros membros da directiva da asociación.
"A primeira vista se ve que a humidade está deteriorando as paredes, os enchufes están estropeados, os extintores caducados fai tempo co risco que isto supón, as ventás que non pechan, os desagües atascados... a imaxe de deterioro que da o edificio xustifica sobradamente a indignación dos seus usuarios", explicou Alejandro Lorenzo.
Aseguran que “ao ambiente húmido e frío que se respira en todas as instalacións súma-se que non dispoñen de calefacción de ningún tipo nin auga quente. Ademais, a maior parte dos electrodomésticos dos que dispón a cafetería están estropeados e o mobiliario en malas condicións e totalmente obsoleto. O salón de actos non dispón tan sequera de sillas, moitas delas están rotas e non contan nin cun proxector”.
Outro dos puntos preocupantes e que chamou a atención dos populares “é a biblioteca, que actualmente fai as veces de trasteiro ao non dispor practicamente de libros nen ordenadores para uso dos usuarios. No centro, non se dispón de conexión a internet pese a telo solicitado en innumerables ocasións”.
“O exterior non se atopa moito mellor” denuncian dende o PP, “falta alumbrado, o pe-che do recinto está roto, o riego automático non funciona e os elementos do parque infantil están deteriorados poñendo en risco aos cativos. As pistas deportivas aledañas ao Centro Cultural non permiten a práctica deportiva debido ao pésimo estado no que se atopan”.
"A situación destas instalacións imposibilita totalmente o normal desenvolvemento da actividade da asociación, non dispoñen de espazos onde levar a cabo as súas actividades ou actos culturais". Para os populares “é a habitual deixadez do Concello neste caso a que limita seriamente a capacidade de actuación desta asociación cultural. A inversión local nestas instalacións, cuxo mantemento é competencia do Concello do Porriño, é nula e nos últimos anos nada se fixo para frenar este deterioro” aseguran nun comunicado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163