GALICIA
Feijóo salienta que o 96% da axenda social única xa é unha realidade
Entre esas melloras, destaca o decreto que desenvolve a Lei de inclusión social, que permite solicitar a Risga a persoas que non estean no desemprego
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte que o 96% da Axenda Social Única xa é unha realidade e convidou ás entidades de inclusión social –a través de EAPN- a, neste 2019, revisala para actualizala e dar conta das melloras levadas a cabo.
Durante a inauguración da exposición da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) dentro do ciclo Olladas inclusivas, Feijóo referiuse entre esas melloras, especialmente, ao decreto que desenvolve a Lei de inclusión social, que permite solicitar a Risga a persoas que non estean no desemprego, ademais de introducir dous novos tramos –o de inserción e o de transición ao emprego- para incentivar ás persoas que se están formando ou facendo prácticas de cara á conseguir un traballo, ou que xa o conseguiron e están cobrando as súas primeiras nóminas.
Ademais, este texto introduce outras novidades importantes como: o incremento do complemento de alugueiro para as familias con fillos; a posibilidade de que dúas persoas que perciban a Risga compartan piso; ou a compatibilidade con todas as axudas de inclusión social e co Bono de alugueiro social.
Asevera que o Goberno galego seguirá a traballar en colaboración coas entidades sociais e cos concellos para que a incidencia da pobreza siga retrocedendo
Logo de precisar que como resultado de todas estas melloras, o importe medio desta renda social incrementarase de 450 euros a 550 euros, Feijóo fixo fincapé en que este novo decreto volve demostrar o compromiso inequívoco da Xunta neste eido, como proba ademais que nos últimos dez anos se incrementase nun 67% o orzamento destinado á loita contra a pobreza; que se triplicase o importe que se destina a financiar a Risga; e que as oficinas Reconduce, abertas en 2013, atendesen xa máis de 1200 casos de desafiuzamentos.
O titular da Xunta aseverou que o Goberno galego seguirá a traballar en colaboración coas entidades sociais e cos concellos para que a incidencia da pobreza siga retrocedendo. Non en van, o número de familias moi necesitadas reduciuse no último ano nun 40%, ao pasar dun 4,1% a un 2,4%; a taxa Arope de risco de pobreza está catro puntos por debaixo da media nacional; e o ingreso medio dos fogares galegos está nas súas cotas máximas desde que existen datos.
Feijóo concluíu destacando o labor de EAPN e agradeceu que comparta no edificio administrativo de San Caetano a súa visión, como primeira mostra dunha exposición rotatoria, bautizada como Olladas inclusivas, e pola que pasarán outras oito entidades, para compartir os seus respectivos enfoques sobre o reto da inclusión social. “Grazas pola vosa colaboración, por seguir trasladando de forma directa os problemas das persoas e por seguir traballando pola inclusión social”, abundou.
“As frases inscritas nestes paneis incentivan o debate, invitan á reflexión e axudan a abrir novas perspectivas”, aseverou, incidindo en que non hai mellor xeito de loitar contra a exclusión que recoñecer ás súas vítimas como suxeitos das políticas neste eido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155