NIGRÁN
Nigrán Decide pide "a legalización da rede wifi gratuíta" do concello
"Aparentemente a rede WIFI non funciona na actualidade, polo incumprimento da normativa de protección de datos" explican
NIGRÁN DECIDE preguntou pola seguridade no tratamento de datos da rede WIFI gratuíta do Concello, "pondo de manifesto o descoñecemento de que eses datos, entre os que se encontran os correos electrónicos, a idade e os perfís sociais das persoas que accedan a esta rede a través de redes sociais, están sendo almacenados por unha empresa de Badalona, coa que o Concello de Nigrán non ten ningunha relación contractual" aseguran nun comunicado engadindo que "esta empresa, que na práctica é unha encargada do tratamento destes datos, debería ser nomeada como encargada por parte do Concello, polo que aparentemente estanse transferindo datos de forma ilegal a esta empresa".
Ademais, NIGRÁN DECIDE asegura que solicitou información por escrito, por dúas veces, os datos do titular e todos os responsábeis do tratamento dos datos obtidos mediante o acceso e navegación a través da rede WiFi gratuíta ofrecida polo Concello de Nigrán e o tipo de datos que se almacenan, así como dos titulares dos soportes físicos onde se gardan copia e se almacenan os datos e a copia dos contratos que vinculan ao Concello con ditos responsábeis.
"O goberno non facilita os datos persoais que se transfiren a través desa REDE, nin os contratos de protección de datos cos xestores desa rede" aseguran
Ante a falta de resposta do goberno municipal, o grupo municipal de NIGRÁN DECIDE presentou unha queixa ante o Valedor do Pobo pola "posible violación por parte do goberno dos dereitos fundamentais da veciñanza de Nigrán, non contestando tampouco o goberno aos requirimentos da Valedora do Pobo".
"Dá a impresión de que o goberno municipal activou unha rede WIFI ilegal, que estivo transferindo datos da veciñanza de Nigrán, e agora non é capaz de recuperalos", sinala José Cuevas, voceiro de NIGRÁN DECIDE, para engadir que "este goberno actúa alegre e irresponsablemente, sen medir as consecuencias dos seus actos, polo que o goberno debe recuperar os datos transferidos e poñer en funcionamento a rede WIFI do concello dentro da legalidade". NIGRÁN DECIDE, que ve positiva a existencia desta rede, esixe ao goberno municipal que a poña en funcionamento "con todas as garantías legais", finaliza Cuevas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217