GALICIA
A Xunta publica no DOG a orde sobre os distintivos de identificación dos VTC
Esta regulación ten como obxectivo velar pola calidade do servizo que reciben os usuarios e evitar prácticas fraudulentas, así como a competencia desleal entre o sector do taxi e dos vehículos VTC
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicaba esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se regulan os distintivos de identificación dos vehículos dedicados á actividade de arrendamento de vehículos con condutor/a (VTC) cuxa autorización se atope domiciliada en Galicia VTC, e que será obrigatorio desde maio.
No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta orde: https://bit.ly/2XglxaC, que entrará en vigor no prazo dun mes desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A exixencia da disposición do distintivo establecido nesta orde será exixible para o conxunto de titulares de títulos habilitantes domiciliados en Galicia no prazo de dous meses desde a entrada en vigor desta orde.
A Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, co obxectivo de garantir a seguridade xurídica dos sectores do taxi e dos vehículos VTC, incide na diferenciación entre ambas as dúas categorías.
Esta regulación ten como finalidade velar pola calidade do servizo que reciben os usuarios e evitar prácticas fraudulentas, así como a competencia desleal entre os dous colectivos.
Os vehículos VTC portarán un distintivo que consistirá nun autoadhesivo na parte traseira e na dianteira, onde figuran o mes e ano nos que o titular deberá proceder ao próximo visado do título administrativo habilitante
Neste sentido, os vehículos VTC portarán un distintivo que consistirá nun autoadhesivo tanto na parte dianteira como na traseira. A numeración e ano que figuran no distintivo da dianteira fai referencia ao mes e ao exercicio nos que o titular deberá proceder ao próximo visado do título administrativo habilitante.
Os distintivos deberán colocarse na parte superior dereita da lúa dianteira e na parte inferior esquerda da lúa traseira do vehículo, respectivamente, de forma que resulten visibles desde o exterior sen interferir, en ningún caso, a visibilidade do condutor.
Estas identificacións serán emitidas xunto co outorgamento de novas autorizacións VTC, substitución de vehículos, ou visado periódico, logo do pagamento da taxa correspondente, cuxo xustificante deberá presentarse a través dos formularios na da Sede Electrónica da Xunta ou da aplicación “SitranGestión”.
Os distintivos cos que deberán ir identificados os coches con autorización de arrendamento de vehículos con condutor serán os seguintes:
Na parte superior dereita da lúa dianteira do vehículo (cunhas dimensións de 4 x 8.4 cm):
![[Img #50639]](https://xornal21.com/upload/images/02_2019/4906_screen-shot-2019-02-22-at-194632.png)
Na parte inferior esquerda da lúa traseira do vehículo (cunhas dimensións de 18 x 10 cm.):
![[Img #50640]](https://xornal21.com/upload/images/02_2019/3055_screen-shot-2019-02-22-at-194636.png)
O Goberno galego segue traballando, no marco das súas competencias, para contribuír a unha convivencia harmónica entre os citados colectivos. Non obstante, cómpre que o Ministerio de Fomento estableza un marco regulador claro que garanta a competencia leal entre os sectores do taxi e das VTC e os dereitos dos usuarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115