MOS
Nidia Arévalo presenta o equipo co que "traballará para revalidar a alcaldía"
A alcaldesa de Mos e candidata á Alcaldía ás vindeiras eleccións municipais polo Partido Popular, Nidia Arévalo, e o presidente do Comité Local dos populares mosenses, Camilo Augusto, presentaron hoxe ao equipo que lle acompañará na campaña das municipais de maio. Así, déronse cita no Pazo de Mos máis dun centenar de persoas entre membros do Comité, Novas Xeracións, simpatizantes e colaboradores.
Nidia Arévalo agradeceu ós asistentes o seu apoio e implicación e salientou a grande labor que están a desenvolver cada un deles no seu eido de traballo. Neste senso, avanzou: “concorremos a estas eleccións coas ideas claras, sabemos o que queremos para Mos e para os nosos veciños. É momento de arrancar con forza e seguir traballando arreo no noso proxecto de facer de Mos un Concello cheo de oportunidades para todos”.
A xornada, que comezou cun bloque de traballo de dinámicas de grupo e xogos para potenciar a comunicación e sacar o mellor de cada participante, continuou cunha mesa de traballo na que se perfilaron as liñas de forza do programa. Esta parte, foi liderada por Arévalo e Augusto que explicaron aos presentes: “levamos anos coa mesma liña de ruta: facer que Mos creza e progrese por sí só, con entidade propia, non coma un Concello limítrofe”. Neste sentido, Arévalo fixo un repaso polos grandes temas que o goberno do partido popular logrou nesta última lexislatura como son unha nova Escola Infantil pública na Veigadaña, a mellora do contorno da Casa Consistorial en Petelos, a humanización do nó de Sanguiñeda entre as rotondas das Angustias e Costilleta que se atopa en marcha, as humanizacións de Puxeiros e As Pozas, as sendas de Torroso e Cela tamén actualmente en execución, así coma os accesos a San Eleuterio, os Parques da Auga de Sanguiñeda e A Pesqueira, o saneamento de Tameiga e un longo ectétera.
En materia de política social a alcaldesa salientou a integración dos colectivos máis sensibles do municipio, persoas desfavorecidas e/ou con discapacidade, no recentemente creado Plan de Inclusión HabitaMos.
As oportunidades empresariais son tamén outra das realidades do Mos gobernado por Nidia Arévalo no que se conseguiu dar case total ocupación ao Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña, construir no mesmo un Viveiro de Emoresas… E por último cómpre destacar dúas grandes reduccións deste goberno local: a da débeda municipal que se rebaixou nun millón e medio de euros e a taxa do paro que se sitúa en cifras inferiores ás do ano 2005 e sendo o dato máis baixo e positivo dende fai 13 anos.
Arévalo insistiu en que, se ben nesta última lexislatura deuse un empurre forte, quedan cousas por facer e proxectos por concluir. “Nós sabemos o que queren e necesitan os veciños porque estamos en contacto permanente con eles”. Tamén insistiu en que o programa que presentará as municipais será ambicioso, pero viable. “Se nos acompaña este gran equipo de persoas que queren e sinten a Mos, estou segura de que será un camiño ilusionante”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22