Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 25 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Deputación aproba medio millón de euros para servicios sociais, sociosanitarios e de mocidade

Esta liña de axudas vai destinada a realizar proxectos orientados, entre outros, á asistencia, á integración social e laboral ou á prevención e promoción do benestar

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases que regulan as subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para actuacións no ámbito dos servizo sociais, sociosanitarios e de mocidade na provincia de Pontevedra durante o ano 2019. Este ano, as subvencións contan cun orzamento de 499.000 euros.

 

Máis polo miúdo, nas bases aprobadas regúlase a concesión das axudas económicas en réxime de concorrencia competitiva para aquelas entidades que teñan como obxectivo realizar proxectos ou actividades orientadas á intervención, asistencia, integración social e laboral e de prevención e promoción do benestar dos colectivos que, atendendo ás súas especiais circunstancias, precisan dunha maior especificación técnica e interdisciplinar na súa intervención.

 

Os proxectos, programas e actividades das asociacións e entidades sen ánimo de lucro deben estar dirixidas aos seguintes colectivos: á familia e á infancia, ás persoas maiores, ás persoas con diversidade funcional, aos e ás emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas,  ás persoas en risco de exclusión social, ás persoas con trastornos aditivos, á mocidade, aos asuntos sociosanitarios e, ademais, a aqueles outros problemas que poidan ser obxecto de intervención social.

 

Por último, as entidades terán un prazo de 15 días hábiles, a partires do día seguinte da publicación no BOPPO do extracto da convocatoria, para poderen solicitalas, ata un máximo de 6.000 euros por entidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.