Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 25 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Inauguración da nova Casa do Concello da Guarda

A Guarda inaugurou este venres día 22 de febreiro de 2019 a nova Casa do Concello na “Casa dos Alonsos”, lugar no que se atopan as dependencias municipais dende finais de 2018.

 

O acto de inauguración, celebrouse na Praza do Reló, contando coa asistencia da Subdelegada do Goberno, Maica Larriba García; da Directora Xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias Núñez; da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego; do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e da corporación local. No evento tamén estiveron presentes, entre outras personalidades, alcaldes e alcaldesas da Comarca do Baixo Miño, así coma unha representación de ex-alcaldes, ex-concelleiros, empregados municipais, representantes de partidos políticos, asociacións e institucións públicas e privadas ligadas á vida municipal da Guarda.

 

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, quixo expresar que “hoxe é un día dos grandes para o noso querido pobo da Guarda”, destacando na súa intervención que “hai 182 anos edificábase o edificio do antigo concello, tendo hoxe estas novas dependencias, unha sede municipal moderna, concibida para facilitar o labor dos traballadores e para dar uns servizos de calidade á cidadanía acordes cos tempos que vivimos”.

 

Durante o transcurso do acto descubriuse unha placa conmemorativa, realizouse o corte simbólico da cinta na porta de acceso ao edificio e proxectáronse varios vídeos sobre turismo, historia e vida institucional da Guarda. Tamén houbo unha pequena exposición sobre fondos artísticos e publicacións municipais. Do mesmo xeito editouse tamén un folleto que resume a longa historia da “Casa dos Alonsos”.

 

A Casa do Concello tivo ao longo da súa historia varios propietarios, pasando a ser propiedade municipal dende o ano 2001. Comezando as obras de rehabilitación no ano 2009 e rematando as mesmas o pasado verán de 2018. O edifico orixinal era unha «Casa Indiana» de arquitectura señorial urbana cunha elegante fachada de pedra nobre que foi conservada e restaurada.

 

Este novo edificio permite que, a partir de agora, a veciñanza da Guarda teña unha moderna sede municipal e dea uns servizos de calidade acorde cos tempos que vivimos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.