Jueves, 16 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 01 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
OIA

Oia oferta un curso de primeiros auxilios no deporte

O Concello de Oia vén de abrir o prazo de inscrición para un curso sobre primeiros auxilios no deporte que será impartido por Cruz Vermella Baixo Miño o próximo mes de marzo. O Concello inclúe esta formación dentro da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

 

A actividade conta cun total de 10 horas de formación teórico-práctica. Impartirase os sábados 9 e 16 de marzo no Centro Cultural de Santa María de Oia en horario de 9.00 a 14.00 horas.

 

O curso pretende achegar os coñecementos elementais para proporcionar axuda eficaz a persoas que sufran unha situación de emerxencia durante a práctica dalgún deporte.

 

Abordaranse cuestións como a prevención de accidentes, a aplicación de procedementos e técnicas en autoprotección e soporte aos primeiros auxilios e como identificar e resolver situacións de urxencia vital.

 

As persoas interesadas poden inscribirse no rexistro do Concello de Oia ata o próximo 7 de marzo (máis información no teléfono 986362125). As prazas son limitadas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.