GALICIA
A nova Lei de rehabilitación de Galicia "o quinto sentido común" para poñer en valor do territorio
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reitera a necesidade de acadar o máximo consenso entre os grupos para conseguir un texto que perdure no tempo
Despois da aprobación do Plan de Ordenación do Litoral, das Directrices de Ordenación do Territorio, a Lei do solo e a Estratexia Galega da Paisaxe, a futura Lei de rehabilitación e de rexeneración urbana de Galicia é o quinto sentido común co que contará Galicia para poñer en valor o territorio da comunidade.
Así o puxo de manifesto esta semana a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no Pleno do Parlamento, onde se debateu o texto da primeira lei nesta materia coa que contará Galicia. Argumentou que, despois de dez anos traballando en instrumentos que poñan en valor o territorio galego, era preciso completar este longo percorrido para responder á necesidade de dignificar a paisaxe e o valor da arquitectura tradicional.
Ángeles Vázquez recorda que Galicia é unha das primeiras rexións en regular esta materia, que nace co obxectivo de promover a cultura da rehabilitación
“Galicia necesita unha Lei de rehabilitación, coa que cumprir un obxectivo como promover a cultura da rehabilitación”, porque “non hai maior desprotección para as vivendas que a súa desprotección”, afirmou; ao que engadiu que o desexo do Goberno galego é facer unha Galicia máis atractiva para vivir, traballar e visitar.
A conselleira de Medio Ambiente destacou que a efectividade desta medida precisaba do máximo consenso, para garantir o seu obxectivo de perdurabilidade no tempo, polo que se incorporaron ao texto un 42% das alegacións que se achegaron durante os trámites de consulta previa e audiencia do texto.
Nese sentido, reiterou aos grupos representados na Cámara galega a necesidade de buscar o máximo consenso sobre esta futura Lei de Rehabilitación e facer as achegas que permitan pechar un texto completo e dinámico, que pasará a ser unha ferramenta legal que facilitará e potenciará a recuperación do construído.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218