Mos
Mos aproba en Pleno pagos pendentes de 2018
Son "relativos ás subvencións do Plan Cultural e servizos prestados a final de ano" explican dende o Concello
"A normativa orzamentaria obriga a imputar a cada exercizo as súas facturas, polo que as presentadas a finais do pasado ano ou principios deste que non puideron ser tramitadas en 2018 requiren da fórmula do recoñecemento extraxudicial de crédito para poder ser aboadas" indican.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, lamenta "o descoñecemento da xestión municipal que unha vez máis demostran dende GañaMos e BNG difamando sobre os recoñecementos extraxudiciais de crédito onte aprobados en Pleno".
Arévalo explica a este respecto que “o groso dos 657.000 euros dos recoñecementos extraxudiciais de crédito corresponden a pagos do Plan Cultural 2018 e de servizos e/ou subministros prestados en 2018 pero cuxas facturas foron presentadas ou tramitadas a comezo do presente ano 2019. E, por se non o saben dende BNG e GañaMos a normativa orzamentaria obriga a imputar os seus gastos respectivos a cada exercizo; por iso as facturas presentadas a finais do pasado exercizo ou comezos do actual que non puideron ser tramitadas en 2018 leváronse agora a aprobación en Pleno mediante a fórmula do recoñecemento extraxudicial de crédito. E tamén por se non o saben estes grupos da oposición que parecen non formar parte da Corporación Municipal, visto o descoñecemento demostrado, o recoñecemento extraxudicial de crédito é un procedemento ordinario existente a disposición dos concellos para evitar perxuízos aos proveedores e que non ten nada que ver co que eles chaman “limpar os caixóns”, “non seguir o procedemento adecuado”, “incumplir as normas”, “nefasto control económico”, senón todo o contrario, este procedemento lévase a cabo cumprindo rigorosamente a normativa presupostaria e empregando as fórmulas legais establecidas; aínda que eles queiran disfrazalo de neglixencia e ilegalidade cun fin únicamente político, visto que se aproximan as eleccións municipais e non teñen outra forma de facer oposición máis que confundir e amedrentar á poboación”.
O groso destes recoñecementos extraxudiciais de crédito corresponden ao abono das subvencións do Plan Cultural 2018 e a gasto corrente de servizos prestados no mes de decembro.
No caso do Plan Cultural, ás asociacións beneficiarias destas subvencións non lles deu tempo de xustificar o gasto antes de finalizar o ano 2018 e por iso houbo que recurrir á fórmula do recoñecemento extraxudicial de crédito para facer o pago das axudas fóra do exercizo imputable, que era o 2018.
E no caso das facturas de gasto corrente, corresponden a servizos que se facturan mensualmente tales coma subministro eléctrico, recollida de lixo, etc. e as facturas presentadas a finais de ano non puideron ser tramitadas dentro do 2018 e para pagalas en 2019 a normativa require que sexan aprobadas en Pleno mediante un recoñecemento extraxudicial de crédito.
En definitiva, a rexedora local mosense conclúe lamentando novamente o descoñecemento de GañaMos e BNG e instando a ambos grupos a deixar de usar a terxiversación, a mentira e a desinformación con intereses políticos e electoralistas e tratando de confundir á veciñanza que “por sorte xa sabe ben a quen ten”, sentenciou Arévalo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22