Mos
A Policía Local de Mos investiga a un individuo do Porriño que portaba presuntamente 27 doses de droga
Os axentes incautaron 11 doses de suposta cocaína e 16 doses de suposta heroína ademáis de 500 Euros en metálico / Imaxe arquivo Xornal21
Na detención contouse co apoio e a colaboración da Garda Civil do posto de Mos, a cal se fixo a cargo do detido
Os feitos sucedían durante o día 26 de febreiro durante a quenda de tarde, na parroquia de Sanguiñeda, cando tras observar un vehículo que coincidía coa descrición achegada por varios veciños en varias manifestacións onde indicaban á Policía Local que o individuo que conduce habitualmente o mesmo, “realiza supostas transaccións con substancias estupefacientes por diversos puntos do termo municipal”.
Tras proceder a darlle o alto ao vehículo os axentes comproban como no interior do mesmo, existe un gran número de billetes de baixa contía (5€, 10€, 20€) os cales se atopaban a primeira ollada sobre o asento do acompañante.
Tras un rexistro máis exhaustivo localizan nunha das guanteiras do vehículo, un estuche que no seu interior contén “varias doses de suposta substancia estupefaciente, as cales se atopaban listas para a súa distribución e mesmo algunhas delas levaban unha inscrición do seu valor no envoltorio, ademais diso pódese comprobar como na carteira do individuo existe unha cantidade de diñeiro moi considerable” explican.
Os axentes solicitaron colaboración á Central Operativa de Servizos da Garda Civil para realizar as investigacións pertinentes tanto do individuo como do vehículo, acudindo unha patrulla do instituto armado ao lugar minutos máis tarde. Na detención contouse co apoio e a colaboración da Garda Civil do posto de Mos, a cal se fixo a cargo do detido.
Tras valorar ambos corpos o achado no vehículo, así como os indicios que existen, procedeuse a realizar a detención do individuo por un presunto delito contra a saúde pública tipificado no artigo 359 do Código penal.
![[Img #50794]](https://xornal21.com/upload/images/02_2019/780_img_20190226_192102.jpg)
As substancias incautadas poderían alcanzar no mercado un valor superior aos 1000 €. Trátase de 11 doses de suposta cocaína e 16 doses de suposta heroína ademáis de 500 Euros en metálico.
Esta é unha actuación máis que realiza a Policía Local de Mos no marco da prevención da seguridade cidadá no municipio mosense.
Os axentes incautaron 11 doses de suposta cocaína e 16 doses de suposta heroína ademáis de 500 Euros en metálico / Imaxe arquivo Xornal21Os feitos sucedían durante o día 26 de febreiro durante a quenda de tarde, na parroquia de Sanguiñeda, cando tras observar un vehículo que coincidía coa descrición achegada por varios veciños en varias manifestacións onde indicaban á Policía Local que o individuo que conduce habitualmente o mesmo, “realiza supostas transaccións con substancias estupefacientes por diversos puntos do termo municipal”.
Tras proceder a darlle o alto ao vehículo os axentes comproban como no interior do mesmo, existe un gran número de billetes de baixa contía (5€, 10€, 20€) os cales se atopaban a primeira ollada sobre o asento do acompañante.
Tras un rexistro máis exhaustivo localizan nunha das guanteiras do vehículo, un estuche que no seu interior contén “varias doses de suposta substancia estupefaciente, as cales se atopaban listas para a súa distribución e mesmo algunhas delas levaban unha inscrición do seu valor no envoltorio, ademais diso pódese comprobar como na carteira do individuo existe unha cantidade de diñeiro moi considerable” explican.
Os axentes solicitaron colaboración á Central Operativa de Servizos da Garda Civil para realizar as investigacións pertinentes tanto do individuo como do vehículo, acudindo unha patrulla do instituto armado ao lugar minutos máis tarde. Na detención contouse co apoio e a colaboración da Garda Civil do posto de Mos, a cal se fixo a cargo do detido.
Tras valorar ambos corpos o achado no vehículo, así como os indicios que existen, procedeuse a realizar a detención do individuo por un presunto delito contra a saúde pública tipificado no artigo 359 do Código penal.
![[Img #50794]](https://xornal21.com/upload/images/02_2019/780_img_20190226_192102.jpg)
As substancias incautadas poderían alcanzar no mercado un valor superior aos 1000 €. Trátase de 11 doses de suposta cocaína e 16 doses de suposta heroína ademáis de 500 Euros en metálico.
Esta é unha actuación máis que realiza a Policía Local de Mos no marco da prevención da seguridade cidadá no municipio mosense.






























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22