TUI
O goberno de Carmela Silva financia en Tui a reforma de vestiarios do persoal
Trátase dun novo investimento do Plan Concellos 2019, ao través do cal a Deputación pon a disposición da vila máis dun millón de euros, un 3,25% máis que no 2018
O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou esta semana da aprobación o próximo luns pola Xunta de Goberno da Deputación dun novo investimento para Tui con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 60.271,56 euros cos que a vila poderá financiar a reforma de vestiarios destinada ao persoal de obras do concello. Este ano a institución provincial pon a disposición de Tui ao través do Plan un total de 1.063.437,44 euros, un 3,25% máis que no 2018.
Máis polo miúdo, vaise proceder á mellora e adecuación funcional das instalacións xa obsoletas, e que contan cunha superficie de 70 metros cadrados. A actuación comprende a execución de dous espazos de vestiario e un elemento común de armarios, as instalacións estarán dotadas de espazo de cambio, aseos e duchas. As obras implican a execución de tabiqueirías, teitos e solados; instalacións de fontanería, sanitarios, saneamento, electricidade, iluminación, renovación de aire e protección de incendios.
Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 739.718,33 euros, o concello de Tui tamén ten á súa disposición polo Plan Concellos 2019 un total de 93.878,54 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, outros 229.840,57 euros da Liña 3 de emprego cos que a Deputación financia a contratación de 18 traballadores e traballadoras para o concello.
Neste novo ano 2019, no total da provincia, a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos 59 municipios ao través do Plan Concellos case 43 millóns e medio de euros, o que supón un 3,3% máis que no exercicio anterior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235