Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 01 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar informa da apertura do prazo de Depotermal 2019

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, como Concello adherido o Programa da Deputación de Pontevedra “DEPOTERMAL 2019”, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes  para inscribirse  dende o día 28 de Febreiro ata o 29 de marzo.


O Plan  Depotermal da Deputación Provincial, pon en marcha os dous programas termais: o primeiro de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos  en quendas de mañá ou tarde, utilizando durante un mínimo de duas horas as instalacións dun balneario, talaso ou espá da provincia; e outro programa termal con pernoita en réxime de pensión completa de domingo a venres.


Poderán acceder a este programa as persoas empadroadas nos Concellos da Provincia de Pontevedra  que reunan os requisitos exixidos, entre eles o de ser : Nacidos antes do 1 de xaneiro de 1969. No caso de nacer con posterioridade: ter a condición de pensionista ou ter recoñecido unha discapacidade igual ou superior o 65%, precisar dun respiro familiar.


As parellas que desexen participar no plan de forma conxunta, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos.


As persoas interesadas poderán informarse no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura e presentar tramitar a súa solicitude.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.