Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 01 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Deputación escollida como única institución galega para o goberno da RDTI

A presidenta Carmela Silva recibiu en Madrid o nomeamento como integrante da Comisión Executiva e asinou o protocolo de adhesión. “Estamos orgullosísimas, é todo un espaldarazo estar entre as entidades que van a definir o modelo de turismo do futuro”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosouse esta semana “moi orgullosa” tras ter coñecido a elección da institución provincial como unha das nove integrantes da Comisión Executiva da Rede estatal de Destinos Turísticos Intelixentes que gobernará a Rede DTI. A Rede, que esta mañá se puxo a andar coa sinatura dos protocolos para a participación, impulso, apoio e promoción da rede e coa constitución das comisións, está integrada por 60 destinos do conxunto do Estado sendo a Deputación, amais, entidade promotora.

 

“A Comisión Executiva da Rede DTI está integrada por 9 entidades das 60 do conxunto do Estado que a configuran, polo que para nós é un orgullo que nos teñan elixido porque é todo un espaldarazo a nosa aposta por políticas turísticas vangardistas, eficientes e sostibles”, asegurou a presidenta provincial. Neste eido, Carmela Silva incidiu en que a Deputación de Pontevedra é a única institución galega e xunto con Avilés as únicas do Noroeste Peninsular en formar parte da Comisión Executiva, integrada por 9 destinos.  Así, xunto á Deputación pontevedresa e a Avilés tamén forman parte da Comisión Executiva da Rede DTI os concellos de Benidorm, Calviá, Donostia, Arona, Santander e San Bartolomé de Tirajana, así como a Deputación de Palencia.

 

Para a presidenta da Deputación “que sexamos a única administración galega en ser escollida polo Goberno do Estado para participar na Comisión Executiva da Rede DTI, manifesta que a nosa aposta pola intelixencia aplicada ao turismo, pola accesibilidade, pola sustentabilidade, pola calidade e pola modernización tecnolóxica do sector turístico, está a ser un éxito”.  De feito, a Rede DTI vai a ser a encargada de definir o modelo de turismo do futuro, promovendo un novo marco de referencia baseado na innovación, coñecemento, tecnoloxía e gobernanza para construír espazos turísticos innovadores, sobre unha infraestrutura de vangarda que garanta o desenvolvemento sostible do territorio, a accesibilidade,  a interacción e a integración da persoa visitante coa contorna, así como a mellora da calidade de vida das persoas que residen nos destinos.

 

 

 

 

A Comisión Executiva está integrada por só 9 organismos dos 60 do conxunto do Estado que configuran a Rede. “Que sexamos a única administración galega manifesta que a nosa aposta pola intelixencia aplicada ao turismo está a ser un éxito”

 

 

 

 

Deste xeito, Silva informou dos principais obxectivos que ten a Comisión Executiva da Rede DTI para este ano 2019 e entre os que se atopan a coordinación dos destinos turísticos intelixentes con Segittur e Red.es así como o lanzamento de servizos de información e asesoramento a destinos turísticos intelixentes sobre axudas e fondos europeos. Entre as súas liñas de acción para este ano a Comisión celebrará o segundo encontro do grupo de traballo de xestores/as DTI e lanzará as ferramentas de soporte á Rede DTI, máis en concreto o portal de destinos turísticos intelixentes,  CRM e unha ferramenta de autodiagnose.   Amais, a Comisión Executiva da Rede DTI vai iniciar os plans de acción de novos DTI, colaborar co III Congreso Mundial de Destinos Turísticos Intelixentes e aprobar e presentar un programa de traballo da Rede.

 

Sinatura do protocolo para a participación, impulso, apoio e promoción da Rede DTI
A presidenta da Deputación tamén asinou esta mañá en Madrid, en presenza da secretaria do Estado de Turismo, Isabel Oliver, o protocolo a través do cal a institución provincial forma parte da Rede estatal de Destinos Turísticos Intelixentes (DTI), integrada por 60 destinos. Neste eido, a partir de hoxe calquera destino que vaia impulsar proxectos para converterse en DTI segundo a metodoloxía de Segittur pode adherirse á rede, así como empresas que teñan plans de traballo con destinos xa incluídos na mesma.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.