PROVINCIA
O programa de termalismo da Deputación abre o prazo de inscrición
O goberno provincial oferta este ano un total de 4.434 prazas, das que 434 están destinadas a persoas en situación ou risco de exclusión social
A Deputación de Pontevedra manten aberto o prazo para inscribirse no programa de termalismo “Depotermal 2019”. Poden participar todas aquelas persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que teñan nado antes do 1 de xaneiro de 1969 (ou aquelas que nacendo con posterioridade sexan pensionistas), persoas que conten cun grao de diversidade funcional igual ou superior ao 65% ou aquelas persoas que necesiten respiro familiar.
As persoas interesadas en participar no programa presentarán preferiblemente a súa solicitude por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal. Tamén se poderán facer as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, usando o formulario normalizado dispoñible a través da sede electrónica da Deputación. O prazo de inscrición remata o 29 de marzo e prevese que as estancias termais comecen xa no mes de abril. Así, este ano o programa comezará antes que en pasadas edicións e isto vai permitir que as persoas participantes poidan desfrutar da súa estancia tamén nos meses de primavera e non só nos meses de setembro a decembro.
En total, a Deputación oferta un total de 4.434 prazas: 1.248 para o programa termal de asistencia diaria sen pernocta (cinco días consecutivos de asistencia aos establecementos termais) e 3.186 para o programa termal con pernocta (cinco días e seis noites aloxados nos establecementos termais). A institución provincial financia un total de 434 prazas para persoas en situación ou risco de exclusión social ou escasos recursos económicos: 248 prazas para a modalidade de asistencia diaria sen pernocta e 186 para a modalidade con pernocta.
“Depotermal 2019” ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitar o illamento e situacións de soidade. Amais, ao desenvolverse en temporada turística baixa, o programa tamén permite dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando así a demanda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58