Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 02 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Viaxe a Asturias para os maiores de Mos

Celebrarase o 23 e 24 de marzo e o último día para inscribirse será o 11 de marzo

A concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos que dirixe a edil Julia Loureiro organiza para os maiores do municipio unha visita de dous días a Asturias que terá lugar o 23 e 24 de marzo.

 

[Img #50839]Un aspecto moi importante a destacar deste tipo de saídas, é que fortalece os lazos entre os veciños e veciñas fomentando a súa vez a autonomía persoal, as habilidades de socialización e o aprendizaxe, entendéndoo este como aspecto imprescindible a desenvolver ó longo da vida.

 

Os obxectivos da iniciativa son dar resposta á demanda da cidadanía veciña de Mos da  terceira idade de viaxar, facer visitas culturais e artístico históricas, favorecer o coñecemento doutras cidades e provincias, promover o turismo como ferramenta de lecer, aprendizaxe e socialización, impulsar a participación e integración social das persoas maiores na comunidade, e previr a soidade.

 

As persoas beneficiarias directas desta actividade serán tódolos/as maiores de 65 anos ou de 55 anos en condición de pensionistas e preferentemente empadroados/as no Concello de Mos. De quedar prazas vacantes, poderán ser cubertas por persoas que non cumpran os requisitos expostos anteriormente, sempre respectando a orde de rexistro.          

 

Para participar nesta actividade hai que anotarse no departamento de Participación Cidadá (Edificio Multiusos) ou no Rexistro do Concello, facéndoo de maneira presencial para asinar a solicitude, ou a través da sede electrónica da web do Concello. O prazo de inscrición rematará o 11 de marzo.

 

Os participantes na viaxe coñecerán Cudillero, pequeno municipio situado na Costa Centro Occidental de Asturias, visitarán Tapia de Casariego, localidade tamén da costa asturiana, Luarca, localidade asturiana con casiñas brancas e tellados de pizarra, e Castropol, que recibiu no ano 1997 o premio ao Pobo Exemplar de Asturias.

 

O prezo da actividade é de 119€ por persoa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.