Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 04 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
O ROSAL

A Xunta culmina as obras de mellora da estrada PO-353 entre Pancenteo e Marzán

A intervención abarca unha extensión de 2,2 quilómetros e permitiu reforzar o firme e aumentar a plataforma desta vía ata os 7,5m de acho

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou o pasado venres as obras de mellora realizadas na estrada de titularidade da Xunta PO-353, ao seu paso polo Concello do Rosal, que xa están a facilitar a mobilidade dos veciños en condicións de maior seguridade viaria.

 

Esta intervención financiada polo departamento de Infraestruturas da Xunta, cun investimento de case 1,3 millóns de euros, posibilitou o acondicionamento deste vial, no treito entre Pancenteo e Marzán.

 

Os traballos executados, e que se estenderon ao longo de algo máis de 2,2 quilómetros desta estrada autonómica, incluíron a ampliación da súa plataforma, a mellora do firme, a incorporación de beirarrúas e sendas peonís, así como o acondicionamento da drenaxe e a sinalización existen.

 

Máis en detalle, a primeira parte da intervención consistiu na mellora de sección da estrada PO-353 aumentando a plataforma existente ata os 7,5m de ancho, e axustándose en planta e alzado á estrada actual. E renovouse e ampliouse a beirarrúa existente na zona de travesía ao seu paso por Pancenteo, entre os puntos quilométricos 3+150 e 3+660.

 

 

 

 

As obras da Xunta aproveitáronse tamén para a renovación da drenaxe e a sinalización existente na vía

 

 

 

 

Cabe salientar tamén entre as actuación, a incorporación dunha senda peonil fora do tramo de travesía, entre o punto quilométrico  3+660 e o 5+360, permitindo a segregación do tráfico peonil do tráfico rodado, para unha mobilidade máis segura dos veciños nos seus percorridos a pé.

 

As obras da Xunta aproveitáronse ademais para a renovación da drenaxe lonxitudinal do vial, cunha cuneta de seguridade revestida e ampliación das drenaxes transversais existentes debido á ampliación da plataforma. Nas zonas de travesía como Pancenteo, optouse por unha rede de colectores que recollen as augas pluviais mediante sumidoiros.

 

Esta intervención veuse completada co reforzo do firme, e a renovación da sinalización, balizamento e defensas ao longo deste tramo do vial autonómico no Concello do Rosal.  

 

O departamento que dirixe Ethel Vázquez ten ademais previsto contratar antes do verán a redacción do proxecto da segunda fase desta actuación, no treito de 2,3 Km de Marzán a Fornelos, que incluiría o alumeado de aproximadamente 2,3. A intervención ten un orzamento estimado de 1 millón de euros.

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa a traballar cos concellos, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cidadáns e fomentar o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.