Jueves, 25 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 03 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta colaborará na realización de melloras na traída da auga en Salvaterra

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou esta semana a Comunidade de usuarios de Lira, que recibirán unha subvención de 17.000 euros para acometer estas melloras

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, adiantaron  en Salvaterra de Miño que a Xunta colaborará cunha subvención de 17.000 euros coa Comunidade de usuarios de Lira co obxectivo de realizar melloras na traída da auga.

 

Os usuarios desta traída levan facendo uso da mesma durante máis de 40 anos, e chega a abastecer a preto de 640 habitantes, entre permanentes e estacionais. Co paso do tempo, foron detectándose deficiencias froito do deterioro temporal, polo que agora se fai necesario acometer estas obras.

 

En concreto, a subvención da Xunta financiará a substitución de dúas chaves de paso de saída do depósito, dúas chaves de baleirado do depósito, a construción dunha plataforma metálica e dunha pasarela con escaleira e pasamáns, e a colocación de chaves de cuadradillo para setenta e cinco usuarios. Tamén se adquirirá material para o mantemento das instalacións.

 

Esta actuacións inscríbese na orde de axudas destinada a asociacións veciñais, confederacións, federacións  ou unións de asociacións de veciños de Galicia; comunidades de usuarios de augas e asociación de mulleres rurais. Este ano conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros, un 50 por cento máis que o ano pasado.

 

O obxectivo das axudas pasa por mellorar a prestación dos servizos de interese veciñal análogos aos servizos básicos municipais na lexislación básica de réxime local, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, contribuíndo a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza e a dinamizar tamén o asociacionismo veciñal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.