VIGO
Xunta e Universidade de Vigo estudan que o edificio dos Xulgados albergue actividades docentes
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, mantiveron a semana pasada un encontro, no que tamén participou a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, mantiveron a semana pasada un encontro, no que tamén participou a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, onde analizaron a posibilidade de que unha vez se trasladen os Xulgados á Cidade da Xustiza, o edificio poida albergar actividades docentes da Universidade de Vigo.
Alfonso Rueda lembrou que un dos edificios foi ofrecido ao Ministerio de Cultura para ubicar a Biblioteca do Estado, e o Goberno galego está á espera da reposta definitiva por parte do Ministerio. En todo caso, quedaría o outro edificio libre, no caso de que finalmente se ubique a Biblioteca, ou mesmamente os dous edificios se o Ministerio finalmente non quixese poñer en marcha a biblioteca.
O obxectivo do Goberno galego é que se manteña o uso público dos edificios e que sigan funcionando e xerando dinamismo na zona
O obxectivo da Xunta é que se manteña o uso público dos edificios e que sigan funcionando e xerando dinamismo na zona. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo amosou o seu interese en interese en dispoñer dos edificios e levar a cabo alí actividades docentes.
Ambas institucións deixaron a porta aberta a continuar neste marco de entendemento e cooperación e colaborar con outras infraestruturas e dotacións que se atopan nos campus da Universidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217