Provincia
Regades asegura que o PP “dá por perdidos a maioría dos concellos e a Deputación”
A Comisión Executiva Provincial reuniuse este venres para dar conta da evolución das candidaturas dos diferentes procesos electorais
David Regades, secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra, deu hoxe conta ante a Comisión Executiva Provincial dos avances nas configuracións das listas tanto de cara ás eleccións xerais como para as municipais e europeas.
“O PSdeG sigue traballando a reo para presentar as mellores candidaturas á veciñanza da provincia”, asegurou Regades, quen anunciou que ambos procesos estarán finalizados a mediados de mes. “É un momento decisivo para o PSOE”, afirmou o secretario xeral, que ve ao PP en horas baixas “dando por perdidos a maioría dos concellos da provincia e a Deputación”. “Temos moita ilusión, moito entusiasmo, e imos ser primeira forza nas municipais e tamén nas xerais”, sinalou con rotundidade.
Serán as e os militantes socialistas quen nas súas asembleas votarán ás diferentes persoas que queren que integren a lista, nun proceso que o secretario xeral cualificou de “transparente e participativo, sinais de identidade deste partido”. Unha vez recibidas as propostas das diferentes agrupacións, a dirección provincial elaborará unha lista que someterá ao referendo do Comité Provincial previsto para a mañá do próximo sábado 9 de marzo.
No caso das candidaturas para os concellos da provincia, das que xa están pechadas “máis do 60%”, o proceso finalizará o domingo 17, cando o Comité Provincial referende as propostas elevadas desde as diferentes agrupacións locais. En ambos casos as listas serán enviadas ao Comité Federal de listas, máxima autoridade competente na materia, para a súa aprobación final.
“Estou seguro de que entre todas e todos os militantes conseguiremos artellar unhas candidaturas fortes que contribúan á vitoria do PSOE o próximo 28 de abril”, sinalou Regades.
Actos de campaña
Por outra banda, o máximo dirixente provincial deu a coñecer os Mércores de Programa, “actos de carácter sectorial que se celebrarán en diferentes concellos de Pontevedra” que terán lugar durante o mes de marzo e primeira semana de abril.
Abertos á cidadanía, a fin destes encontros é “acercar o Partido Socialista á sociedade e falar dos temas que verdadeiramente preocupan” aos pontevedreses, tal e como sinalou Regades. O primeiro deles terá lugar o na Estrada e tratará sobre Política Industrial. Nas seguintes semanas os temas a tratar serán: Compromiso Social, en Meis; Mobilidade Sostible, en Marín; Medio Ambiente, en Mos; e Turismo, que terá lugar en Sanxenxo; e outros dous de Medio Rural e Sanidade, no Deza e na cidade de Pontevedra
Ademais, Regades tamén anunciou a celebración dun gran acto sobre feminismo protagonizado polas mulleres candidatas e integrantes das listas dos concellos da provincia. O acto terá lugar en Cambados a primeira fin de semana de maio, e nel as socialistas farán unha defensa dos avances sociais acadados en España, “sempre da man das socialistas”.
Agradecementos aos cargos saíntes
O secretario xeral aproveitou a ocasión para agradecer “as compañeiras e compañeiros á súa labor tanto no Congreso, como no Senado e no Parlamento Europeo”. Regades fixo especial fincapé no eurodiputado José Blanco, “en quen a provincia de Pontevedra, desde o partido ata o tecido social e económico, atopou sempre un respaldo e un apoio”.
A Comisión Executiva Provincial tivo tamén un momento para o recordo do compañeiro José Luis González, histórico militante socialista de Marín falecido recentemente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58