GALICIA
Feijóo propón o sector vitivinícola seguir avanzando con máis calidade, innovación e exportacións
Garante o apoio do Goberno galego na aposta decidida pola calidade, coa posta en marcha da Axencia de Calidade Alimentaria
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacaba onte que o eido vitivinícola é un sector tradicional que emerxe e propuxo seguir avanzando con máis calidade, innovación e exportacións.
Durante unha visita ás novas instalacións da adega As Laxas, Feijóo garantiu o apoio do Goberno galego na aposta decidida pola calidade, coa posta en marcha da Axencia de Calidade Alimentaria, tanto en forma de axudas aos produtores como en controis da calidade da produción. Así mesmo, subliñou que, ademais do apoio das denominacións de orixe, o sector conta coa marca Galicia.
Co obxectivo de seguir mellorando a cadea de transformación e comercialización para adaptar os produtos ás demandas dos consumidores, Feijóo aseverou que o sector do viño é un referente neste eido, como proba o feito de que en bodegas como esta, a capacidade de embotellado chegue aos 8.000 litros/8 horas; e a produción sexa de cerca de 600.000 litros.
Asevera que o sector do viño é un referente en innovación e reitera o plan da Xunta de poñer en marcha unha aplicación de xestión da contabilidade vitivinícola
Nesta liña, reiterou o plan da Xunta de poñer en marcha unha aplicación de xestión da contabilidade vitivinícola, que permitirá ás empresas do sector xestionar a contabilidade que se leva nos libros-rexistro das adegas, substituíndoos por libros dixitais.
En relación á necesidade de abrirse ao maior número de mercados posibles, o titular do Executivo autonómico resaltou que o viño é o sector agroindustrial máis exportador, especialmente no caso da Denominación de Orixe Rías Baixas.
O presidente do Goberno galego incidiu en que todos os sectores sen excepción están chamados a modernizarse a través das novas formas de fabricación e dos novos mercados. E aseverou que nese camiño sempre contarán co apoio da Administración autonómica. Así, concluíu sinalando que a Xunta seguirá apoiando aos emprendedores que ven no rural unha alternativa para prosperar, un lugar axeitado para seguir investindo e que teñen demostrado que o rural pode ser unha opción rendible para o futuro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218